CURSO DE IMPRESIÓN 3D

CURSO DE IMPRESIÓN 3D
Martes 6 de Septembro de 2016 - OBXECTIVOS. Obter coñecementos que nos permitan realizar impresións 3D de nivel medio nas tecnoloxías FDM e SLA. Imprimir distintas pezas con distintos materiais para comprender as distintas aplicacións.

Participantes

25 Persoas preferentemente empadroadas en Lalín e con idades entre os 16 e ata os 35 anos. (As persoas doutras idades ou non empadroadas en Lalín poderán facer o curso soamente no caso de haber prazas libres e por orde de inscrición)

Faranse dous grupos de 12-13 persoas, que terán a súa disposición unha impresora de fabricación aditiva (FDM), e tamén se realizarán prácticas nunha impresora con tecnoloxía SLA.

TEMPORALIZACIÓN

O curso consta de 16 horas por cada grupo, cunha capacidade máxima de 12-13 persoas. Así cada 2 participantes disporán dunha impresora.

DATAS E LUGAR

12-13-14 e 15 de setembro de 16:00 a 20:00h.

19-20-21 e 22 de setembro de 16:00 a 20:00h.

Aula CEMIT -Auditorio de Lalín – Rúa do Parque s/n -Lalín

PREZO

Gratuíto

INSCRICIÓN

Ata o 8 de setembro no Rexistro Municipal do Concello de Lalín, xuntando a seguinte documentación:

  • Ficha de Inscrición

  • Fotocopia do DNI

  • Folla de Empadroamento


Roteiros de Lalín