CUÍÑA FELICITA AO POBO DE LALÍN POR SER EXEMPLO DE TOLERANCIA, DIVERSIDADE E COMPROMISO

Martes 8 de Maio de 2018 - Fai fincapé en que Lalín deu, ante os ollos de Galicia enteira e do resto do Estado, unha nova mostra de que é un pobo moderno, aberto, activo e punta de lanza na loita pola igualdade, a liberdade e o respecto.

O alcalde, Rafael Cuíña, mostrou hoxe o seu rotundo agradecemento en nome do Concello ao conxunto do pobo de Lalín por ser un exemplo de tolerancia, diversidade e compromiso, tal e como se puxo de manifesto coa celebración a pasada fin de semana da III Festa do Orgullo de Lalín, que congregou a centos de persoas na nosa vila. O rexedor vai máis aló e fai fincapé en que Lalín deu, ante os ollos de Galicia enteira e do resto do Estado, unha nova mostra de que é un pobo moderno, aberto, activo e punta de lanza na loita pola igualdade, a liberdade e o respecto. Cun amplo programa de actividades e accións educativas, culturais, festivas e transformadoras a favor da integración e co obxectivo de romper tabús, a fin de semana do Orgullo -explicou o alcalde- converteu Lalín na capital da tolerancia grazas ao entendemento dunha sociedade igualitaria que dende o rural reivindica que cada quen sexa o que queira ser.

Por outra banda, Rafael Cuíña estendeu os parabéns ás concelleiras do grupo de Goberno que estiveron especialmente encargadas da organización deste evento, Celia Alonso e María Jesús Sánchez, a quen gabou pola súa absoluta implicación na Festa do Orgullo e pola súa fonda convicción na loita pola igualdade e os dereitos de todos e todas. Ao mesmo tempo deu as grazas ao persoal técnico de Igualdade do Concello de Lalín, Susi Payo e Celso Taboada, polo seu intenso traballo durante semanas para facer realidade un programa de tanta calidade e por seguir contribuíndo a facer de Lalín o concello de referencia na igualdade e a tolerancia. Cuíña tamén recoñeceu o labor do concelleiro, Miguel Medela, polo seu traballo de coordinación dos corpos de emerxencias nunha fin de semana con tanta actividade na vila e agradeceu o traballo de Protección Civil e da Policía Local. Por último, na súa lista de agradecementos, o alcalde deulle as grazas aos medios de comunicación pola súa ampla e rigorosa cobertura do evento, lembrando que a prensa xoga un papel fundamental no obxectivo de avanzar nunha sociedade igualitaria, tolerante e sensibilizada na loita polos dereitos e liberdades sexuais.

Así mesmo, Rafael Cuíña dixo que hoxe era un día para agradecer a visita dos centos de persoas que dende outros puntos de Galicia se achegaron a Lalín para gozar dunha fin de semana onde o protagonismo foi da convivencia, o respecto polos demais e a diversión ao amparo da bandeira multicolor que representa os colectivos LGBTI.

Finalmente, o alcalde insistiu en felicitar a toda a veciñanza de Lalín, pois grazas ao voso entendemento -explicou- o noso municipio foi unha vez máis o núcleo da tolerancia e o respecto polos demais. A cidadanía de Lalín volveu deixar claro que o noso é un pobo dinámico, vivo e activo, que gosta de saír ás rúas recuperadas para a xente cando hai propostas e para desfrutar dun ambiente cargado de optimismo e positividade.

Portal Transparencia

Roteiros de Lalín