COMPLÉTANSE AS PRAZAS DA ESCOLA DE VERÁN E SEGUEN ABERTAS AS INSCRICIÓNS PARA OS CAMPAMENTOS URBANOS DO MES DE AGOSTO

COMPLÉTANSE AS PRAZAS DA ESCOLA DE VERÁN E SEGUEN ABERTAS AS INSCRICIÓNS PARA OS CAMPAMENTOS URBANOS DO MES DE AGOSTO
Mércores 27 de Xuño de 2018 - Xa se poden realizar inscricións para o campamento no mar que se desenvolverá en dúas quendas durante o mes de agosto con 60 prazas, das que 20 son de balde.

O concelleiro de Benestar Social, Nicolás González Casares, informa de que xa están cubertas as 135 prazas que se ofertan para as 4 quendas da Escola de Verán posta en marcha polo Concello de Lalín por cuarto ano consecutivo para menores de entre 4 e 17 anos -que se celebrarán entre o 2 de xullo e o 31 de agosto. Dos 135 postos, 46 son totalmente gratuítos. Doutra banda tamén quedaron cubertas as dúas quendas do mes de xullo dos campamentos deportivos urbanos, mentres seguen estando abertas as inscricións para as do mes de agosto destinadas a nenos e nenas de 4 a 8 anos de idade. González Casares tamén informou de que xa se poden realizar inscricións para o campamento no mar que se desenvolverá en dúas quendas durante o mes de agosto con 60 prazas das que 20 son de balde. As inscricións deben realizarse na casa do Concello.

O Concello de Lalín adica este ano 45.441 euros para a posta en marcha dos campamentos que se van desenvolver durante o verán e que contan con tres modalidades: os campamentos deportivos urbanos, o campamento deportivo no mar e a Escola de Verán. En total -entre estas tres actividades que conxugan educación, deporte e integración social- vanse ofertar un total de 284 prazas para rapazas e rapaces, das que máis de 90 son de balde co obxectivo de facilitar ao acceso a estas iniciativas das nenas e nenos procedentes de familias con menos recursos.

Portal Transparencia

Roteiros de Lalín