CHARLA SOBRE SUICIDIOS CON JORGE NOGUEIRA E VÍCTOR PEDREIRA NO CASINO

Martes 14 de Novembro de 2017 - Será o próximo xoves, día 16 de novembro, ás 20.00 horas.

O concelleiro de Sanidade Pública, Nicolás González Casares, informou hoxe de que o Concello de Lalín organiza o próximo xoves, día 16 de novembro, ás 20.00 horas, no Círculo de Recreo de Lalín, unha charla con expertos sanitarios en saúde mental que se centrará particularmente nas tendencias en Galicia sobre os suicidios.

En concreto ofrecerán o coloquio o prestixioso psiquiatra, Víctor Pedreira, e o médico de urxencias Jorge Nogueira. Ambos aportarán a súa visión e falarán da súa experiencia profesional centrándose nos aspectos psicolóxicos e sociais relacionados cos suicidios e ofrecendo diferentes datos sobre as tendencias en Galicia e sobre as circunstancias que o provocan ou os métodos de prevencións. A charla será dun alto nivel pedagóxico e de fácil comprensión, xa que está aberta á participación de todo tipo de público.

Por se fose do voso interese, por exemplo para ampliar información, pasamos os contactos de Víctor Pedreira (658 376 9013) e Jorge Nogueira (699 448 811).

Roteiros de Lalín