BENESTAR SOCIAL LEMBRA QUE PERMANECE ABERTO O PRAZO PARA PARTICIPAR NO PROGRAMA DE BALNEARIOS “DEPOTERMAL”

Xoves 22 de Xuño de 2017 - A presentación de solicitudes pode formularse a través da páxina web da Deputación, www.depo.es, ou nas oficinas de Servizos Sociais do Concello de Lalín ata o día 3.

A concellería de Benestar Social informa de que permanece aberto ata o día 3 de xullo o prazo de inscrición para participar no plan de termalismo social, Depotermal 2017, posto en marcha pola Deputación de Pontevedra. A presentación de solicitudes pode formularse a través da páxina web da Deputación, www.depo.es, ou nas oficinas de Servizos Sociais do Concello de Lalín.

Poderán beneficiarse do plan termal as persoas empadroadas no municipio que non padezan ningunha enfermidade incompatible co desenvolvemento do programa. Así mesmo, deberán cumprir algún dos seguintes requisitos:

- Ser nacidos antes do 1966

- Ser pensionista

- Precisar dun respiro familiar que se acreditará mediante un informe do departamento de Servizos Sociais.

O programa ten a finalidade de fomentar o envellecemento activo e mellorar a calidade de vida das persoas, mediante a asistencia dos cidadáns interesados a sesións de Balneario, coas modalidades de asistencia diaria ou pernoctación, en instalacións da provincia de Pontevedra.

Roteiros de Lalín