A ALIMENTACIÓN INFANTIL DENTRO DO PROGRAMA DE PREVENCIÓN DAS ADICIÓNS

A ALIMENTACIÓN INFANTIL DENTRO DO PROGRAMA DE PREVENCIÓN DAS ADICIÓNS
Xoves 4 de Xaneiro de 2018 - A finalidade do proxecto foi a de detectar problemas de nutrición entre os menores. Como conclusións destaca a necesidade de erradicar o sobrepeso e instaurar condutas alimenticias saudables.

O concelleiro de Benestar Social, Nicolás González Casares, e a enfermeira Cristina Taboada, presentaron onte no concello os resultados dun estudo sobre alimentación infantil elaborado polo concello no 2017 dentro do programa de prevención das adicións.

O estudo levouse a cabo principalmente entre 77 rapaces que participan na Escola de Verán de entre 4 e 16 anos de idade. O proxecto buscaba coñecer o estado nuitricional dos menores así como os datos antropométricos e os seus hábitos alimenticios, co obxecto de obter unha medición da situación nutricional dos nenos e nenas lalinenses e poder detectar posibles problemas de desnutrición. Os resultados amosaron que, aínda que se poden dar casos puntuais, non se apreza unha situación de risco entre nenos e nenas por mala alimentación, senón que se detecta a tendencia contraria dentro dunha problemática en liña coa tendencia social de aumentaren os casos de sobrepeso. Vistos estes resultados o concello seguirá levando a cabo medidas preventivas e outras de promoción da actividade física e dos hábitos de vida saúdables. Así mesmo, Casares anunciou que nas máquinas expendedoras que o Concello instalará nos edificios municipais, alí onde haxa nenos non se permitirá a venda de repostería industrial ou bebidas con altos contidos en azucre.

Roteiros de Lalín