A AGADER CONCEDEULLE AO CONCELLO UNHA AXUDA DE 132.568 EUROS PARA A MELLORA DE CAMIÑOS EN PORTOSECO E REGUFE

A AGADER CONCEDEULLE AO CONCELLO UNHA AXUDA DE 132.568 EUROS PARA A MELLORA DE CAMIÑOS EN PORTOSECO E REGUFE
Venres 4 de Novembro de 2016 - O concelleiro de Rural sinala que as actuacións servirán para “seguir fomentando o desenvolvemento das áreas rurais e do sector gandeiro do municipio”.

A Axencia Galega de Desenvolvemento Rexional (AGADER) concedeulle ao Concello de Lalín unha subvención de 132.568.00 euros para o desenvolvemento do proxecto denominado “Mellora dos camiños de Portoseco (Goiás) e Regufe (Sello) no concello de Lalín”. A achega establécese ao abeiro da Resolución do 25 de xaneiro de 2016 pola que se aproba o Plan Marco: Mellora de camiños municipais de acceso a explotacións agrarias-2016, cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), PDR de Galicia 2014-2020.

As obras xa están executadas, destacando o edil de responsable de Rural, Miguel Medela que con estas actuacións se “dá continuidade ás inxentes tarefas de mellora no rural que vén levando a cabo o Goberno de Lalín” e que servirán para “seguir fomentando o desenvolvemento das áreas rurais e do sector gandeiro do municipio”. 

Roteiros de Lalín