ABERTO O PRAZO PARA INSCRIBIRSE NOS CAMPAMENTOS DEPORTIVOS URBANOS E NA ESCOLA DE VERÁN

ABERTO O PRAZO PARA INSCRIBIRSE NOS CAMPAMENTOS DEPORTIVOS URBANOS E NA ESCOLA DE VERÁN
Luns 5 de Xuño de 2017 - As matriculacións poderanse realizar de xeito presencial no concello e a través da sede electrónica. A reserva de prazas terá lugar por estrita orde de inscrición. O prazo de matrícula para as primeiras quendas dos campamentos urbanos e da escola de verán pecharase o día 23 de xuño, mentres que para as demais permanecerá aberto ata 5 días antes do comezo de cada actividade.

A concellería de Benestar Social informa da apertura do prazo de inscricións para os campamentos deportivos urbanos e para a escola de verán. A recepción de solicitudes pode realizarse na Oficina Municipal de Atención Xuvenil (OMIX), que se atopa no consistorio, de luns a venres, en horario de 08.00 a 15.00 horas e, este ano, como novidade tras a instauración da administración electrónica, tamén se poderá realizar a través da sede electrónica á que se pode acceder a través páxina web municipal. Dende a sede electrónica tamén se poden descargar os formularios de inscrición. A reserva de prazas levarase a cabo por estrita orde de inscrición.

O prazo de matrícula para as primeiras quendas dos campamentos urbanos e da escola de verán pecharase o día 23 de xuño, mentres que para as demais permanecerá habilitada ata 5 días antes do comezo de cada actividade. Benestar Social fai fincapé en que o período de inscrición se habilita, polo de agora, unicamente para os campamentos urbanos e para a escola de verán, mentres que para os campamentos no mar se abrirá proximamente.

O Concello de Lalín oferta este ano un total de 390 prazas (incluído o campamento de Nadal) das que máis da metade é gratuíta. A programación de campamentos realizouse tendo como eixo central a atención social e a conciliación.

A listaxe de quendas e prezos para os campamentos urbanos e a escola de verán é a seguinte:

CAMPAMENTOS URBANOS. Cota de 35 euros e 25 por irmán.

1ª Quenda, 3-14 xullo (4-8 anos). 20 Prazas (8 gratuítas).

2ª Quenda, 17-31 xullo (4-8 anos). 30 Prazas (9 gratuítas).

3ª Quenda, 1-14 de agosto (4-8 anos). 20 Prazas (10 gratuítas).

4ª Quenda, 16-29 de agosto (4-8 anos). 30 Prazas (7 gratuítas).

ESCOLA DE VERÁN. Cota de 65 euros con comedor e 35 sen comedor.

1ª Quenda, 3-14 de xullo (4-17 anos). 45 Prazas (34 gratuítas).

2ª Quenda, 17-31 de xullo (4-17 anos). 45 Prazas (34 gratuítas).

3ª Quenda, 1-14 de agosto (4-17 anos). 35 Prazas (26 gratuítas).

4ª Quenda, 16-29 de agosto 4-17 anos). 45 Prazas (34 gratuítas).

Roteiros de Lalín