ABERTAS AS INSCRICIÓNS PARA A CARREIRA SOLIDARIA DAS DORES ORGANIZADA POLO CONCELLO DE LALÍN

ABERTAS AS INSCRICIÓNS PARA A CARREIRA SOLIDARIA   DAS DORES ORGANIZADA POLO CONCELLO DE LALÍN
Luns 4 de Septembro de 2017 - Esta proba, que se celebrará o vindeiro 22 de setembro, está organizada polo Concello e, finalmente contará coa colaboración de ABANCA. O diñeiro recadado irá destinado á Cruz Vermella.

O tenente de alcalde e concelleiro de Deporte, Nicolás González Casares, informa de que dende este luns estarán abertas as inscricións para a carreira solidaria das festas das Dores organizada polo Concello de Lalín. As persoas que desexen participar deberán apuntarse na páxina web championchip.com. Esta proba, que se celebrará o vindeiro 22 de setembro, está organizada polo Concello e, finalmente contará coa colaboración de ABANCA. O diñeiro recadado irá destinado á Cruz Vermella, xa que o obxectivo da carreira, ademais de ser o de fomentar a práctica do deporte, é o de recadar fondos para este movemento internacional de axuda humanitaria.

Trátase dunha carreira popular na que existen probas mixtas para todas as idades. O circuíto terá unha distancia de 6 quilómetros na categoría absoluta, será circular e moi similar ao do ano pasado, con saída e chegada na praza da Igrexa. González Casares informou de que “haberá moitas sorpresas” e apuntou que o Concello colabora con diferentes asociacións de Lalín para a organización da carreira da discapacidade incluída neste evento deportivo.

O tenente de alcalde animou unha vez máis á participación de todas e todos os lalinenses no evento deportivo solidario “que servirá para dar comezo de xeito saudable e diferente ás festas”

Roteiros de Lalín