55 IMAXES PARTICIPAN NO PRIMEIRO CONCURSO DE FOTOGRAFÍA DE ROTEIROS DE LALÍN

55 IMAXES PARTICIPAN NO PRIMEIRO CONCURSO DE FOTOGRAFÍA DE ROTEIROS DE LALÍN
Mércores 4 de Outubro de 2017 - O fallo do concurso será emitido a final de mes.

O pasado día 30 de setembro pechábase o prazo para presentar traballo para o I Concurso de fotografías de Roteiros de Lalín. Finalmente foron 55 as instantáneas presentadas a un certame que se puxo en marcha co obxectivo de difundir esta iniciativa e, ao mesmo tempo, promocionar os valores do programa: natureza, rural, patrimonio, saúde e deporte. O fallo do concurso será emitido a final de mes por un xurado que estará composto polo concelleiro de Urbanismo, un técnico de Turismo, 2 expertos en fotografía, un experto en patrimonio, un voluntario de Roteiros de Lalín e un membro do gabinete de prensa municipal.

O evento conta con diferentes modalidades en canto a premios:

1. Premio Roteiros de Lalín, no que entran todas as fotografías presentadas no concurso.

2. Premio Roteiros Natureza, no que entran as fotografías que fagan clara referencia a cuestións de gran interese natural e medioambiental.

3. Premio Roteiros Patrimonio, ao que poderán optar as fotografías que fagan referencia a cuestións de gran interese patrimonial e histórico.

4. Premiro Roteiros do público, unha fotografía que será votada polo público a través da páxina web www.roteiros.lalin.gal.

Á hora de valorar as obras terase en conta:

-A relación da obra presentada cos valores do programa Roteiros de Lalín.

-A promoción que a obra fai dos elementos naturais, patrimoniais ou etnográficos do Concello de Lalín.

-A relación da obra cos elementos paisaxísticos mais importantes do Concello de Lalín: zonas de Rede Natura, árbores senlleiras, fragas ou soutos significados, cauces de ribeiras dos ríos e regatos locais, etc.

-A promoción de estilos e hábitos de vida saudables no medioambiente.

-Os valores artísticos da obra: beleza, harmonía, técnica fotográfica, etc.

Os premios do concurso non serán en metálico e consistirán en regalos ou viaxes relacionadas coa natureza.  

Roteiros de Lalín