17 PARROQUIAS BENEFÍCIANSE DAS AXUDAS MUNICIPAIS PARA A CELEBRACIÓN DE FESTAS PARROQUIAIS

17 PARROQUIAS BENEFÍCIANSE DAS AXUDAS MUNICIPAIS PARA A CELEBRACIÓN DE FESTAS PARROQUIAIS
Martes 3 de Outubro de 2017 - Tal e como establecen as bases das axudas, só son subvencionables as actuacións de bandas de música, grupos de gaitas ou charangas do Concello.

O concelleira de Cultura, Lara Rodríguez, vén de anunciar a resolución definitiva para o ano 2017 das axudas para a celebración de festas parroquiais. A orde resolta foi aprobada recentemente en Xunta de Goberno. En total a partida orzamentaria destinada a estas axudas foi de 11.000 euros, mais o importe das axudas solicitadas só alcanzou os 5.750 euros, véndose beneficiadas un total de 17 localidades. Destacar que 3 solicitudes foron denegadas por incumprir as bases que regulan esta subvención ou por solicitarse fóra de prazo.

Tal e como establecen as bases das axudas, só se son subvencionables as actuacións de bandas de música, grupos de gaitas ou charangas do Concello. Aos efectos de determinar o importe das axudas por actuación de bandas de música estableceuse a seguinte clasificación por categorías:

- Categoría A: bandas con un mínimo de 60 músicos (Banda de Música de Lalín e Banda de Música de Vilatuxe).

- Categoría B: bandas con un mínimo de 40 músicos (Banda de Música Popular de Muimenta).

- Categoría C: bandas con un mínimo de 30 músicos (Banda de Música A Lira de Prado).

As axudas serán de 500 € para as bandas de categoría A, de 400 € para as de categoría B e de 300 € para as de categoría C.

A contía da axuda no caso de actuación dun grupo de gaiteiros ou dunha charanga será de 150 €.

As parroquias beneficiadas e as cantidades foron as seguintes:

CONCEPTO E IMPORTE DA AXUDA

Festas parroquiais de DOADE

Actuación de Grupo de Gaitas. 150 €.

Festas parroquiais de MADRIÑÁN

Actuación de Banda de Música de Vilatuxe. 500 €.

Festas parroquiais de NOCEDA

Actuación de Banda de Música de Vilatuxe. 500 €.

Festas parroquiais de BUSTO

Actuación de Banda de Música de Vilatuxe. 500 €.

Festas parroquiais de GOIÁS

Actuación de Banda de Música de Lalín. 500 €.

Festas parroquiais de VILATUXE

Actuación de Banda de Música de Vilatuxe. 500 €.

Festas parroquiais de MUIMENTA

Actuación de Banda de Música de Muimenta. 400 €.

Festas parroquiais de PALMOU

Actuación de Banda de Música de Prado. 300 €.

Festas parroquiais de ALPERIZ

Actuación de Grupo de Gaitas. 150 €.

Festas parroquiais de LOSÓN

Actuación de Banda de Música de Vilatuxe. 500 €.

Festas parroquiais de VILATUXE

Actuación de Grupo de Gaitas. 150 €.

Festas parroquiais de BERMÉS

Actuación de Banda de Música de Vilatuxe. 500 €.

Festas parroquiais de SELLO

Actuación de Grupo de Gaitas. 150 €.

Festas parroquiais de GALEGOS

Actuación de Grupo de Gaitas. 150 €.

Festas parroquiais de ANZO

Actuación de Banda de Música de Vilatuxe. 500 €.

Festas parroquiais de MÉIXOME

Actuación de Grupo de Gaitas. 150 €.

Festas parroquiais de A XESTA

Actuación de Grupo de Gaitas. 150 €.

5.750,00 €

Portal Transparencia

Roteiros de Lalín