VII FEIRA DOS CARBALLIÑOS

VII FEIRA DOS CARBALLIÑOS
Domingo 14 de Maio de 2017 - Domingo 14 de maio. Vilatuxe (Lalín)

VII FEIRA DOS CARBALLIÑOS

Domingo 14 de maio.

Vilatuxe (Lalín)

Cartel

Redes sociais

FEIRA DE ÉPOCA TÍPICA GALEGA E EXALTACIÓN DE PRODUTOS TÍPICOS DA ZONA

FEIRA AMBIENTADA NOS ANOS 70 ONDE ATOPAREMOS ARTESÁNS COMA CANTEIROS, ZOQUEIROS, CESTEIROS, ROSQUILLEIRAS.... ASÍ COMA CABALOS, POSTO QUE PARTICIPAN DÚAS ASOCIACIÓNS CABALARES AS CALES TRAERÁN UN FERRADOR PARA FERRAR CABALOS, COCHES DE ÉPOCA, ENTRE OS CALES DESTACAN OS AUTOBUSES HISTÓRICOS DA EMPRESA CUÍÑA DE SILLEDA A CAL PON UN A DISPOSICIÓN DA ASOCIACIÓN PARA FACER UN PERCORRIDO POLA FEIRA E OS OUTROS CORREN A CARGO DA ESCUDERÍA DE HISTÓRICOS O TOXO. VENDA DE PRODUTOS TÍPICOS DA ZOA PRESTANDO MAIOR ATENCIÓN AO MEL DE ZOBRA, O CAL TEN O RECOÑECEMENTO DE MELLOR MEL DE GALICIA ASÓ COMO MERECIDOS E PRESTIXIOSOS PREMIOS, QUEIXOS DE VILATUXE DE OVELLA... E AS XENTES DA PARROQUIA VESTIRANSE PARA A OCASIÓN POÑENDO POSTOS PARA VENDER OS EXCEDENTES DE PRODUCIÓN CASEIRA, MILLO, MEL, PATACAS, PEMENTOS, GRELOS.

TAMÉN SE SIMULARA UN MERCADO DE ANIMAIS, CABRAS, GALIÑAS, PORCOS, VACAS... OS CALES SERÁN PORTADOS EN CARROS DE VACAS E TIRADOS POR CABALOS COMO ANTANO ASÍ COMA UN AUTOBÚS DA ÉPOCA QUE LEVARÁ AOS FEIRANTES.

TEREMOS PULPEIROS, FILLOEIROS E ROSQUILLEIRAS PARA PODER XANTAR ADEMAIS DOS MARABILLOSOS BARES E RESTAURANTES DA ZONA.

PARALELAMENTE CELEBRASE UN MERCADO CON POSTOS DE VENDA DE ROUPA E TENDEIROS TÍPICOS DE CALQUERA FEIRA.

XA POLA TARDE FARASE O TRADICIONAL PASEILLO POLA FEIRA E ALGUNHA ACTIVIDADE LÚDICA COMA XOGOS PARA NENOS E REPRESENTACIÓNS TEATRAIS NA RÚA.


Roteiros de Lalín