Noticias

O CONCELLO EXECUTARÁ A AMPLIACIÓN E MELLORA DAS INFRAESTRUTURAS DE ABSTECEMENTO DE AUGA EN BUSTELO, ANZO, PALMOU, MADRIÑÁN E GONDORIZ

O proxecto levarase a cabo con cargo ao Fondo de Compensación Ambiental, cun orzamento de 108.000 euros. Contempla a construción de novos depósitos en Bustelo e Anzo e a ampliación da rede de subministro en Palmou, Madriñán e Gondoriz. Medela e González Casares explicaron que as actuacións servirán para dar resposta ás demandas veciñais sobre o abastecemento e para corrixir as carencias que se producen en verán. Ler máis

O CONCELLO SOLICÍTALLE Á XUNTA POR 3º ANO UNHA SUBVENCIÓN PARA ACOMETER MELLORAS MOI NECESARIAS NO POLÍGONO LALÍN 2000

Francisco Vilariño agarda que “desta volta o Goberno galego conceda esta subvención absolutamente necesaria, xa que pola contra, quen vai sufrir as consecuencias é o tecido empresarial lalinense”. O proxecto comprende a reordenación de glorietas, así como a reparación de beirarrúas e melloras na sinalización. Ler máis

O CONCELLO INICIA O EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN PARA O SUBMINISTRO DE ZAHORA PARA A REPARACIÓN DE CAMIÑOS

O Goberno tamén saca a licitación a compra de material de construción e pintura para a brigada de obras. Ambas adquisicións son necesarias para dar resposta a múltiples actuacións tanto no rural como no casco urbano, afirma Francisco Vilariño. Ler máis

O CONCELLO SOLICITA UNHA ACHEGA DE 4.400 EUROS Á DEPUTACIÓN PARA O PROGRAMA ROTEIROS DE LALÍN E AS XORNADAS DE NATUREZA ACTIVA

As xornadas de natureza activa teñen afán educador e sensibilizador sobre o medio ambiente e sobre a necesidade de conservar a natureza, así como de crear conciencia sobre problemáticas ambientais de primeira orde que afectan a todo o planeta. Ler máis

O CONCELLO SOLICITA UNHA AXUDA DE 9 MIL EUROS PARA ORGANIZAR OS CAMPAMENTOS DE VERÁN

Casares salienta que este ano o Goberno repetirá a súa firme aposta polos campamentos urbanos, que nos últimos anos gozaron dunha enorme acollida, co propósito de facilitar a conciliación da vida familiar e laboral. Ler máis

O CONCELLO DESTINA 11.600 EUROS Á ADQUISICIÓN DE MATERIAL PARA USO INFORMÁTICO E IMPLANTACIÓN DA ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA

Os fondos para mercar o citado material proveñen dunha achega da Deputación de Pontevedra, ao abeiro do Plan de Concellos 2017. Ler máis

O GOBERNO TRABALLA NO NOVO CONTRATO DA AUGA CO OBXECTIVO PRINCIPAL DE ACADAR MELLORAS SUSTANCIAIS PARA A CIDADANÍA A TRAVÉS DA CONCESIÓN DESTE SERVIZO

O Concello realizou unha auditoría previa do estado do servizo onde se detectaron importantes carencias que se tratarán de solucionar mediante a nova concesión. O Goberno ten o obxectivo de aproveitar a licitación para conseguir avances trascendentais na prestación deste servizo e melloras estruturais en diferentes vías clave no casco urbano. Estímase que a redaccións das cláusulas estea rematada en abril, nun proceso do que se fará partícipe á oposición, convidando ao PP a formar parte dunha comisión. O Goberno está “facendo os deberes” neste proceso coa finalidade de obter unhas condicións o máis beneficiosas posible para os intereses da cidadanía de Lalín e tamén para cumprir os prazos marcados. Ler máis

O PLAN PARA A REHABILITACIÓN DA PONTE DOS CABALOS XA CONTA CON PROXECTO TÉCNICO DEFINITIVO

Nicolás González Casares explicou que en poucos días será presentada a cantidade necesaria para o arranxo e se procederá á solicitude dos fondos necesarios ao GDR. Ler máis

O CONCELLO DE LALÍN DESTINA 350.000 EUROS A UN PLAN DE EMPREGO PARA CONTRATAR A MÁIS DE 30 TRABALLADORES

Os fondos proveñen da liña 3 do Plan de Concellos da Deputación. O proceso selectivo dará comezo no mes de marzo para poder incorporar os novos operarios a principios de abril. O concelleiro de Emprego explica que os contratos -que terán unha duración aproximada de 9 meses- permitirán mellorar a prestación de servizos públicos no Concello e, ao tempo ofrecer unha saída laboral a persoas desempregadas. O alcalde incide en que o Goberno está a centrar os seus esforzos en desenvolver actividades que melloren a empregabilidade das persoas e as súas posibilidades de inserción laboral. Ler máis

O PATRIMONIO CASTREXO COMPLETA O LENZO DO ENORME POTENCIAL TURÍSTICO LALINENSE

O concelleiro de turismo presentou a quinta cápsula audiovisual coas que se están a difundir os recursos do municipio a través das redes sociais. Lalín é un dos municipios galegos con maior presenza de patrimonio castrexo, o que conforma un interesante atractivo para ofrecerlles aos visitantes durante os 12 meses do ano. A cápsula vincula o atractivo de xacementos como o Castro de Doade con recursos contemporáneos como o Castro Tecnolóxico. Ler máis

Portal Transparencia

Roteiros de Lalín