Noticias

O CONCELLO DE LALÍN ACTIVARÁ UNHA CAMPAÑA DE SENSIBILIZACIÓN SOBRE AS CONSECUENCIAS DO MAL USO DE PURÍNS ENTRE O SECTOR AGROGANDEIRO DO MUNICIPIO

O Goberno oganizará reunións informativascon cooperativas e sindicatos para informar dos riscos para a saúde e o medio ambiente que pode conlevar o mal uso deste tipo de fertilizantes Nicolás González Casares e Celia Alonso explican que a decisión de poñer en marcha esta campña adoptouse tras detectar diferentes filtracións e vertidos que afectaron á calidade da auga da traída e das fontes públicas. O Concello incluirá no prego de concesión do servizo a implementación de novos elementos de sensorización e análise das augas para controlar en tempo real a súa calidade, o nivel do abastecemento e o seu consumo. Ler máis

LALÍN CON GUSTO XA PREPARA A SÚA TERCEIRA EDICIÓN QUE SE CELEBRARÁ OS DÍAS 27 E 28 DE ABRIL

Francisco Vilariño, mantivo onte unha reunión de traballo con preto dunha ducia de integrantes da cociña e do sector da hostalería local, que tivo como finalidade avanzar na organización dunha experiencia que acadou unha considerable repercusión nas súas dúas primeiras citas. Na reunión barallouse a posibilidade de centrar cada nova edición nunha temática gastronómica ou produto concreto para que o evento se alonxe da monotonía e continúe sendo unha aposta atractiva para todos e todas. Manteranse as sesións sobre nutrición, as actividades infantís e as actuacións musicais do máximo nivel. Ler máis

Nota de Prensa O CONCELLO DE LALÍN ASINA O CONTRATO PARA A REDACCIÓN DO PROXECTO DE HUMANIZACIÓN E URBANIZACIÓN PARCIAL DA AVENIDA XOSÉ CUÍÑA

Unha vez asinado este contrato a redacción do documento deberá estar concluída nun prazo de dous meses. O principal obxectivo da proposta é transformar un treito da circunvalación nunha avenida funcional tanto para o vehículo como para os peóns, co conseguinte incremento da seguridade viaria e a mellora da accesibilidade e a mobilidade no ámbito de actuación. Ler máis

O GOBERNO DE LALÍN ATENDE AS DEMANDAS DOS EMPRESARIOS DO POLÍGONO DE BOTOS CO OBXECTO DE DARLLE RESPOSTA A TRAVÉS DUNHA SUBVENCIÓN QUE SE VAI SOLICITAR Á XUNTA

O concello solicitará a achega para mellorar a iluminación e a sinaléctica no seu conxunto, así como para arranxar diferentes treitos de beirarrúa. Francisco Vilariño afirmou que o Goberno busca a través desta orde de achegas recuperar este polígono e convertelo nun lugar atractivo para o asentamento e a chegada de empresas. Ler máis

O CONCELLO DE LALÍN FALLA OS XXV PREMIOS DA GASTRONOMÍA DE GALICIA

José Antonio Rivera Casal, do Restaurante Hotel Chef Rivera (Padrón, A Coruña); Aurelia Blanco Vázquez, do Mesón de Crecente (Crecente, Lugo); Miguel Alberto Prada Vázquez, do Restaurante O Portón (Ourense); e Nila Inés Portas Vázquez, do Restaurante La Molinera (Lalín) foron recoñecidos polo xurado dos XXV Premios da Gastronomía de Galicia reunido esta mañá no concello de Lalín na modalidade “Toda unha vida dedicada á Gastronomía Galega” que se outorga ás persoas cunha dedicación especialmente destacada na Cociña en cada unha das catro provincias galegas. Ler máis

O CONCELLO CONVOCA A 4ª EDICIÓN DA DISTINCIÓN ALDEA SINGULAR QUE ABRE O PRAZO PARA PRESENTAR CANDIDATURAS O DÍA 22

O premio repite dotación económica, con 15.000 euros que serán entregados á parroquia gañadora e que deberán ser investidos en obras e outras actuacións que redunden no beneficio colectivo da veciñanza. Un ano máis, as candidaturas deberán presentar dúas memorias: unha descritiva relacionada cos criterios de valoración e outra explicativa do investimento a executar. Con esta iniciativa o Goberno municipal pon en valor o rural aproveitando o alcance da Feira do Cocido e promove o coidado e a conservación dos seus núcleos e espazos naturais. Ler máis

O CONCELLO DE LALÍN REAFIRMA A APOSTA POLO EMPREGO CUNHA ACHEGA DE MÁIS DE 371 MIL EUROS PARA CONTRATAR A 32 TRABALLADORES

Os fondos proveñen da liña 3 do Plan de Concellos da Deputación O proceso selectivo dará comezo no mes de febreiro para poder incorporar os novos operarios a principios de marzo. O concelleiro de Emprego explica que os contratos -que terán unha duración aproximada de 8 meses- permitirán mellorar a prestación de servizos públicos no Concello e, ao tempo ofrecer unha saída laboral a persoas desempregadas. O alcalde incide en que o Goberno está a centrar os seus esforzos en desenvolver actividades que melloren a empregabilidade das persoas e as súas posibilidades de inserción laboral. Ler máis

O CONCELLO DE LALÍN INICIOU NA PRAZA DE ABASTOS DE PONTEVEDRA CON GRAN ÉXITO DE PÚBLICO A PROMOCIÓN DA 51 EDICIÓN DA FEIRA DO COCIDO

O acto, que deu comezo ao percorrido promocional do Cocido polas principais prazas de abastos de Galicia, foi un éxito absoluto a todos os niveis e demostra que esta novidosa iniciativa que substituiu ao bus do cocido foi un acerto. Ler máis

O CONCELLO INCORPORARÁ A MAIORÍA DAS PROPOSTAS FORMULADAS POLA VECIÑANZA NA REXENERACIÓN DE PRINCIPAL E LORIGA

As principais proposicións efectuadas polas persoas asistentes tiveron que ver con cuestións como a disposición dos carga e descarga, as prazas de estacionamento para persoas con discapacidade, o control dos accesos cando a rúa permaneza pechada, os colectores do lixo, a iluminación ou os sumidoiros. Ler máis

Portal Transparencia

Roteiros de Lalín