Noticias

A CONCELLEIRA DE EDUCACIÓN VISITA O CEIP “XAQUÍN LORIGA” CO OBXECTO DE TRABALLAR EN COMÚN NA SOLUCIÓN DAS MÚLTIPLES DEFICIENCIAS DO CENTRO

A intención do Goberno é a de ir dando solución á maior parte deficiencias do colexio botando man de persoal propio, unha vez o Concello conte con persoal suficiente. As reclamacións teñen que ver coa realización de melloras e traballos de mantemento en aulas, aseos e pavillón, así como noutros espazos exteriores. Ler máis

ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN PARA PARTICIPAR NO ROTEIRO DE SOUTOLONGO, QUE SE CELEBRA O DÍA 28

Trátase dunha andaina moi completa que visitará pazos, castros, mámoas e outros espazos naturais e patrimoniais de omito interese. Habilítanse 3 percorridos diferentes, un curto de 12 quilómetros, un medio de 17 e un longo de 22. Ler máis

LALÍN VOLVERASE CONVERTER NUN REFERETE EN DEPORTE COA CELEBRACIÓN DE DIVERSAS PROBAS QUE ATRAERÁN UN GRAN NÚMERO DE PERSOAS AO CONCELLO

Nas próximas semanas celebrarase en Lalín unha proba do Campionato de España de Enduro, o sector de balonmán, o Trail de Vilatuxe, o Campionato escolar de Kung-fu e a Lalín Bike Race.Estas actividades están coorganizadas polo Concello, “o que demostra a gran aposta que fan as concellerías de Deporte para converter os eventos deportivos nun atractivo máis da nosa vila”. Ler máis

O CONCELLO PROGRAMA NUMEROSAS ACTIVIDADES DESTINADAS AO FOMENTO DA LECTURA AO ABEIRO DA INICIATIVA “LER CONTA MOITO”

A concellería de Cultura, a través da Rede Galega de bibliotecas Públicas, recibiu unha achega de 850 euros para a organización das diferentes propostas. As actividades diríxense a nenos e nenas e terán lugar nos meses de maio, xuño, xullo e outubro. Ler máis

O CONCELLO PROXECTA A INVERSIÓN DE 19.000 EUROS EN DIVERSAS REPARACIÓNS NO CEMITERIO VELLO DE LALÍN.

Arranxarase a cuberta da capela e acondicionaranse os dous almacéns anexos que debido ao seu mal estado de conservación están inutilizados, así como os muros exteriores. O concelleiro de Obras e o alcalde fixeron fincapé na importancia desta actuación coa que se dá resposta a unha demanda cidadá e que permitirá mellorar as condicións e as prestacións deste espazo de uso público. Ler máis

O CONCELLO DEMÁNDALLE RIGOR AOS HOSTALEIROS Á HORA DE CUMPRIR COS HORARIOS DE PECHE

Recibíronse queixas por parte de empresarios do ocio nocturno referentes a incumprimentos por parte de locais que non adaptan o horario á súa licencia. O Concello solicita que polo ben de todo o sector se poña coto a esta situación e non sexa necesario tomar medidas exhaustivas de control. Ler máis

O CONCELLO APOIA A NOVA CAMPAÑA DE ESCAVACIÓNS NO CASTRO DE DOADE E RESALTA O VALOR DESTE XACEMENTO COMO REFERENTE TURÍSTICO

O concelleiro visitou hoxe o inicio das escavacións xunto co director da Casa do Patrón, Manuel Blanco. Ler máis

A XUNTA RESOLVE FAVORABLEMENTE O PROCEDEMENTO DE AVALIACIÓN AMBIENTAL RELATIVO Á MODIFICACIÓN PUNTUAL NÚMERO 15 DO PXOM

Esta modificación puntual permite rebaixar o espazo entre as granxas de aves e de coellos e os núcleos de poboación rurais de 1.000 a 500 metros, mantendo a 1.000 metros o das explotacións porcinas por seguridade xurídica A resolución indica que “non se espera que se produzan efectos ambientais significativos derivados da modificación puntual” O Goberno continuará coa tramitación urbanística, que pretende levar a Pleno canto antes, aínda que descarta a súa entrada en vigor para os plans de mellora deste ano González Casares apunta que esta solución para adaptarse á lei galega, “consegue protexer o territorio, e ao mesmo tempo, se continúa amparando as parroquias máis poboadas” Ler máis

O CONCELLO DEMÁNDALLE RIGOR AOS HOSTALEIROS Á HORA DE CUMPRIR COS HORARIOS DE PECHE

Recibíronse queixas por parte de empresarios do ocio nocturno referentes a incumprimentos por parte de locais que non adaptan o horario á súa licencia O Concello solicita que polo ben de todo o sector se poña coto a esta situación e non sexa necesario tomar medidas exhaustivas de control Ler máis

O CASTING PARA A CURTAMETRAXE “UN OLLO DE VIDRO”, QUE SE RODARÁ INTEGRAMENTE EN LALÍN, TERÁ LUGAR O DÍA 12 NO SALÓN TEATRO

Precísase un neno de entre 11 e 14 anos de idade e un home de entre 45 e 65 Francisco Vilariño apuntou que esta iniciativa conta co apoio do Concello dentro das políticas da concellería de Turismo de converter Lalín nun plató de cine a través do que dar a coñecer os recursos do municipio Ler máis

Roteiros de Lalín