Noticias

AS OBRAS DE LIMPEZA E DRENAXE DO REGATO MOSQUEIROS PERMITÍRONLLES AOS VECIÑOS DE A LAXE PASAR O PRIMEIRO INVERNO SEN INUNDACIÓNS

“No Goberno estamos moi satisfeitos co resultado que está dando esta actuación, pois conseguimos resolver un gravísimo problema para os veciños e veciñas”, comenta Celia Alonso. A intervención executada neste río comportouse moi ben ao longo de todo o inverno a pesar dos numerosos temporais que nos deixaron enormes rexistros de chuvia. Ler máis

O CONCELLO DE LALÍN DESTINA 15 MIL EUROS A SUBVENCIONAR ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO NO EIDO DOS SERVIZOS SOCIAIS

González Casares explica que esta iniciativa, xunto con outras medidas postas en marcha a favor da integración “reafirman a aposta e o compromiso deste Goberno cos servizos sociais”. As achegas permitirán desenvolver programas e actividades que beneficien a persoas e colectivos que se atopen en situación de desvantaxe. Ler máis

O CONCELLO SINALIZARÁ E DOTARÁ DE PANEIS INFORMATIVOS A RUTA DA PONTE DOS CABALOS DESEÑADA POR ROTEIROS DE LALÍN

Esta andaina conta cunha enorme riqueza paisaxística e natural, ademais de visitar variados elementos de enorme valor patrimonial e histórico. González Casares puxo en valor o traballo de Roteiros de Lalín, afirmando que “está sendo decisivo para a recuperación de camiños tradicionais e para dar a coñecer e poñer en valor o noso Patrimonio e natureza. Ler máis

O CONCELLO RECUPERARÁ EN ABRIL AS AXUDAS AO TRANSPORTE DE ESTUDANTES TRAS A URXENTE ELABORACIÓN DE NOVOS CONVENIOS

Casares explicou que “o inxente traballo realizado dende Benestar Social permitiu chegar con rapidez a un novo acordo coas empresas e, porén, reactivar en breve prazo estas axudas”. Os convenios teñen vixencia ata maio de 2019, de tal xeito que as bonificacións están garantidas para este curso e par ao que vén. Ler máis

O COCIDO SOLIDARIO ORGANIZADO POLO CONCELLO DE LALÍN PERMITE RECADAR 2.159 EUROS PARA ASPADEZA

O alcalde de Lalín, Rafael Cuíña, fixo entrega simbólica dos cartos a representantes desta entidade sen ánimo de lucro. Ler máis

OS RESTAURADORES CERTIFICAN QUE A ACTUAL FOI “A MELLOR TEMPADA DE COCIDO” EN NÚMERO DE COMENSAIS

Así se extrae das enquisas realizadas polo Concello entre 25 establecementos dos que agás 3, todos indican que este ano foi “moi bo” ou “o mellor que se lembra”. Afirman comezar a servir Cocidos dende o outono e a maioría conta con reservas ata finais de abril e incluso para maio. Francisco Vilariño mostrouse moi satisfeito polos resultados “que son froito do excelente traballo do sector e da aposta do Goberno por seguir impulsando o cocido como un dos motores da economía e da sociedade de Lalín”. Ler máis

O CONCELLO DE LALÍN ACOMETERÁ O ARRANXO INTEGRAL DA RÚA PINTOR COLMEIRO

Francisco Vilariño anunciou o investimento de 40 mil euros na reposición do firme e na reconstrución das beirarrúas desta vía. O proxecto complementa o anunciado para o arranxo de Alcalde Ferreiro e permitirá homoxeneizar o aspecto do bloque formado por Pintor Colmeiro, Alcalde Ferreiro e rúa D. A intervención non implicará cambios na dirección de circulación e seguirase permitindo o estacionamento de vehículos en ambas marxes. Ler máis

ROTEIROS DE LALÍN INAUGURA A NOVA TEMPADA CUNHA ANDAINA POLA ZONA DE BARCIA O 22 DE ABRIL

A ruta da Ponte dos Cabalos repetirase en primavera e no mes de xuño celebrearase unha fóra de Lalín. Os persoas participantes nas andainas contarán este ano con seguro de accidentes. Ler máis

O CONCELLO SOLICITA UNHA SUBVENCIÓN PARA A CREACIÓN DUNHA RUTA DE SENDEIRISMO POLOS SOBREIRAIS DO ARNEGO ENTRE CADRÓN E PALIO

Francisco Vilariño apuntou que este proxecto “ten o obxectivo de consolidar a oferta turística de Lalín a través da posta en valor da súa riqueza natural, histórica e paisaxística”. A actuación tamén segue as pautas do establecido no Plan Estratéxico de Turismo do Concello, que aposta pola paisaxe e os recursos rurais como eixo dinamizador da actividade turística. O roteiro contaría cun percorrido de 14 quilómetros creado mediante a sinalización e acondicionamento de camiños e sendeiros existentes. Ler máis

IDOM CONSULTING RESULTA ADXUDICATARIA DO SERVIZO DE ASISTENCIA TÉCNICA PARA O DESENVOLVEMENTO DA ESTRATEXIA LALÍN SSUMA 21

González Casares explicou que esta contratación é necesaria para executar adecuadamente todos os trámites determinados na execución dunha estratexia de tanta complexidade como a Lalín Ssuma 21. Tal e como establece a orde europea que regula estas axudas, as entidades beneficiadas deben destinar a gastos de xestión o 4% dos fondos. Dedicarase á parte máis técnica da execución da estratexia encargándose, por exemplo, de que os gastos se axusten ás normas FEDER, así como de xestionar cuestións de publicidade ou información pública. Ler máis

Portal Transparencia

Roteiros de Lalín