Noticias

RUGBY

CLUBE RUGBY CORETI LALÍN-OS INGLESES RUGBY CLUBE

LALÍN ESTREARÁ EN SETEMBRO A PRIMEIRA ÁREA DE COMPOSTAXE COMUNITARIA POSTA EN MARCHA POLA CONCELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

Instalarase nas inmediacións da horta colectiva como apoio para eliminar os restos vexetais que producen os cultivos A brigada de obras estase a encargar de construír os soportes para os composteiros, que se irán estendendo a diferentes puntos da vila A concelleira de Medio Ambiente fixo fincapé en que a compostaxe é unha gran alternativa coa que xestionar o lixo orgánico de maneira ecolóxica e que ademais permite reducir custes. Ler máis

ASFALTADO EN ALPERIZ

Esta actuación era moi demandada polos veciños e veciñas da zona, xa que a estrada, logo de anos sen actuacións, presentaba un estado de deterioro moi importante.

LALÍN AVANZA NA POSTA EN MARCHA DUNHA NOVA APLIACIÓN DIXITAL PARA MELLORAR A XESTIÓN, A LOCALIZACIÓN E A RESOLUCIÓN DE DEFICIENCIAS

González Casares puxo de relevo a utilidade que alcanzará esta nova ferramenta, que permitirá mellorar e axilizar os servizos de atención públicos que ofrece o Concello de Lalín. Esta iniciativa está incluída no Obxectivo Temático número 2 da estratexia Lalín Ssuma 21. Ler máis

XA ESTÁ OPERATIVA A NOVA BRIGADA MUNICIPAL CONTRA INCENDIOS

A unidade está conformada por 8 operarios dos que 3 son condutores de vehículos motobomba, un capataz, 3 peóns e outro condutor especialista. Ler máis

O CONCELLO PAVIMENTA A PISTA DA MIÑOCA EN PAREIZO

Este vial foi acondicionado grazas a unha axuda de 100 mil euros procedentes do Plan Marco 2017 que se investiron na súa totalidade en asfaltar esta estrada. Ler máis

LARA RODRÍGUEZ PON O “LUSCO & FUSCO” COMO EXEMPLO DO ENRIQUECEMENTO CULTURAL QUE ESTÁ A VIVIR LALÍN COA A SÚA XESTIÓN COMO CONCELLEIRA

A responsable de Cultura salienta o paso dunha cultura espectáculo á unha cultura creativa e participativa na que teñen cabida propostas innovadoras e diferentes. Destaca o amplo abano de posibilidades dentro da programación cultural estival que van dende concertos de bandas a espectáculos de circo na rúa, teatro, cine e, tamén transgresións. O festival foi desenvolvido “con agarimo, intelixencia e bo gusto” e gozou dunha gran acollida, polo que se buscará darlle continuidade nos próximos anos. Ler máis

O CONCELLO ADXUDICA AS OBRAS DE MELLORA DE ABASTECEMENTOS EN BUSTELO, ANZO, PALMOU, MADRIÑÁN E GONDORIZ

O tenente de alcalde, Nicolás González Casares e o concelleiro de Rural, Miguel Medela, indicaron que esta intervención servirá para mellorar os servizos de abastecemento de auga nas localidades onde se vai actuar mediante a construción de novas infraestruturas e a ampliación dos sistemas de traída de augas, para dar resposta ás demandas veciñais sobre esta cuestión e, ao tempo, tratar de acabar cos riscos de desabastecemento que se están producindo cada verán durante os últimos anos. Ler máis

O CONCELLO ACOMETE O ARRANXO DO MURO PERIMETRAL DO CORTIZO

Esta actuación serviu para arranxar, principalmente, un treito duns 60 metros de construción antiga e que presentaba un desplome cara o exterior que ameazaba co seu derrubamento. Ler máis

Portal Transparencia

Roteiros de Lalín