Noticias

Vidal Souto será o cartelista da XLV Feira do Cocido de Lalín

O Corpiño acollerá a XIV Matanza Tradicional no entorno do santuario que dende hai unhas semanas está a ser acondicionado. Esta será a primeira ocasión en que esta zona do Concello acolla este evento do Cocido. Ler máis

COMEZARON AS OBRAS DE HUMANIZACIÓN DO ENTORNO DO SANTUARIO DO CORPIÑO

O alcalde de Lalín, José Crespo, visitou o entorno do Santuario de O Corpiño onde se inciaron xa hai uns días as obras de humanización dos accesos e entorno do Santuario do Corpiño que acomete a empresa Antonio Framiñan Construcciones S.L. cun orzamento de 233.601 euros. Ler máis

CRESPO VISITA A “VALENTÍN” NA CASA DE SELLO ONDE FOI CRIADO DURANTE CASE DOUS ANOS E ANUNCIA QUE SERÁ O PORCO CO QUE SE FARÁ A MATANZA TRADICIONAL DA FEIRA DO COCIDO 2013

O alcalde de Lalín, acompañado polo edil de Turismo, José Antonio Rodríguez, desprazouse na xornada sabatina ata a casa da familia dos Ferreiroa, no lugar do Burgo e comprobou o estado ideal do porco, con case dous anos de vida -idade idónea para a matanza-, alimentado con produtos naturais e que pesa máis de 200 quilogramos Ler máis

A COMARCA DO DEZA RECUPEROU XA CO SISTEMA DE ARBITRAXE 2,6 MILLÓNS DE EUROS DAS PARTICIPACIÓNS PREFERENTES

Así o anuncia Román Rodríguez que precisa que a dita contía orzamentaria corresponde a un total de 145 familias da Comarca que foron vítimas dunha mala praxe na comercialización do dito produto financeiro En Lalín hai 69 persoas que obtiveron resolución favorable das preferentes con 1.521.810,86 euros; en Rodeiro, 33, con 318.270,36; en Silleda 17 persoas e 457.935,44 euros; Agolada, 15 persoas e 195.492,39 euros e Vila de Cruces con 11 e 125.256,42 euros “Estamos percibindo unha evolución moi positiva no caso da devolución das preferentes na Comarca do Deza, pois pasamos de 19 a 145 familias con resolución positiva de setembro a hoxe e de 280.000 euros aos 2,6 millóns de euros no importe, no mesmo período”, salienta Rodríguez Ler máis

A MESA LOCAL DE COMERCIO RATIFICOU A ENTRADA DA ASOCIACIÓN DE PRACEIROS, DEFINIU AS ACTUACIÓNS PROMOCIONAIS DO NADAL QUE PASAN POR ACCIÓNS DE HUMANIZACIÓN E DINAMIZACIÓN DAS RÚAS E COLABORACIÓN CO CCA

Este órgano colexiado reuniuse na tarde de onte por espazo de dúas horas e media guiado polo interese común de colaborar en tempos difíciles e polo máximo esforzo que se fará desde o Concello, indica María José Batán Ler máis

MARÍA ÁLVAREZ AFIRMA QUE A RECOLLIDA DE MATERIAL PARA A EXPOSICIÓN DE FOTOGRAFÍAS ANTIGAS FOI UN ÉXITO E “CONTAMOS, GRAZAS Á COLABORACIÓN DOS LALINENSES, CON AO REDOR DUNHAS 400 IMAXES”

. Celebracións como vodas, comuñóns ou banquetes, as décadas dos 50-70 e escultura de Loriga son algunhas das peculiaridades máis presentes nestes documentos históricos de gran valor .A concelleira de Cultura subliña que “desde o Museo comprométemonos a seguir recollendo todo tipo de testemuños que axuden a completar dalgún xeito a nosa memoria” Ler máis

DOMÍNGUEZ ANUNCIA QUE MAÑÁ DÁ COMEZO NO LALÍN ARENA O CAMPIONATO NACIONAL ZONAL NORTE TENIS DE MESA NO QUE TOMARÁN PARTE UNHAS 600 PERSOAS DE GALICIA, ENTRE OS 400 PARTICIPANTES E ACOMPAÑANTES

O Campionato Nacional Zonal Norte Tenis de Mesa reunirá no Lalín Arena desde mañá e ata o próximo domingo, 4 de novembro, a unhas 600 persoas -400 participantes e 200 acompañantes- procedentes de Galicia, Asturias, Cantabria, Castela-León e País Vasco en torno a este deporte. Ler máis

ANTONIO RODRÍGUEZ ANUNCIA O COMEZO DAS OBRAS DE MELLORA DA PISTA DE PENAS NA PARROQUIA DE GALEGOS

O concelleiro de Infraestruturas Rurais, Antonio Rodríguez, anunciou o comezo das “obras de acondicionamento da pista de Penas, na parroquia de Galegos, que mellorará o acceso dos veciños deste núcleo dende a estrada Lalín-Vila de Cruces e que se contemplou no PEIM 2012”. A obra ascenderá a máis de 66.000 euros e acometerase grazas a un convenio entre o Concello de Lalín e a Consellería do Medio Rural. Ler máis

DOMÍNGUEZ INFORMA QUE AS AXUDAS PARA ACTIVIDADES DEPORTIVAS DE CLUBES E ENTIDADES 2012 PÓDENSE SOLICITAR DESDE MAÑÁ E ATA O 19 DE NOVEMBRO

O concelleiro de Deportes incide no esforzo do Concello por manter a mesma contía destinada ás subvencións en 30.000 euros, ao igual que o ano pasado Ler máis

CRESPO RECIBEU ONTE DE MANS DO SECRETARIO DA FEDERACIÓN DE ASOCIACIÓNS DE RADIO E TELEVISIÓN A “ANTENA DE ORO” NO APARTADO DE GASTRONOMÍA.

Crespo brindou o premio “a todos los lalinenses por el trabajo realizado para convertir a esta feria en una de las más importantes a nivel nacional” Crespo recibeu o premio, nunha gala retransmitida en directo pola canle Intereconomía dende o Gran Casino de Aranjuez, de mans do secretario da Federación de Asociacións, Esteban Verdes, e ante medio milleiro dos periodistas máis destacados a nivel nacional Ler máis

Portal Transparencia

Roteiros de Lalín