Noticias

ESTOPA, ESTRELLA MORENTE, ROSA, NATALIA, MELOCOS OU EFECTO PASILLO, ENTRE OS ARTISTAS DA GALA DO COCIDO

O Lalín Arena acollerá o vindeiro venres, 1 de febreiro, a Gran Gala de Gastronomía de Galicia no decurso da cal se entregarán os XIX Premios de Gastronomía de Galicia -que recoñecen as persoas, entidades, e profesionais que se distinguiron na potenciación da cociña galega- e o XIX Premio de Xornalismo Gastronómico “Álvaro Cunqueiro”. Ler máis

3ª CARREIRA do COCIDO – LALÍN 2013

O Concello de Lalín máis o clube Escola de Atletismo Deza, organizan o domingo 10 de Febreiro de 2013, de 11 a 13:30 horas, a 3ª Carreira Pedestre do COCIDO con saída e chegada xunto a praza da igrexa Ler máis

A Deputación de Pontevedra destina 350000 Euros para apoiar o Deporte de Competición Federado para o 2013

O prazo de solicitudes será de 30 días a partir do día seguinte ó da publicación da convocatoria no BOP Ler máis

CRESPO ANUNCIA O INICIO DUNHA ETAPA DE COLABORACIÓN COA COCIÑA CATALANA E COA GENERALITAT NA PRESENTACIÓN NO CENTRO GALEGO DE BARCELONA DA XLV FEIRA DO COCIDO NA QUE PARTICIPARON 70 PERSOAS

O alcalde de Lalín recolleu os “guantes” lanzados pola presidenta da Asociación Catalana de Cociña, Pepa Aymaní, e polo director xeral de Desenvolvemento Rural da Generalitat, Jordi Sala Salientou que “o Cocido o convertemos na nosa embaixada para ir montando a nosa identidade no mundo” e fixo fincapé en que “o interior de Galicia tamén paga a pena” Confirmou a Gerardo Fernández Albor e a Iñaki Torres entre a nómina de Comendadores desta 45 edición, que terá como pregoeira a unha catalana, a periodista presentadora de “Espejo Público”, Susanna Griso Estopa e Melendi, entre os artistas que actuarán na Gala da Gastronomía de Galicia que será retransmitida pola TVG desde o “Lalín Arena” o próximo 1 de febreiro Ler máis

BATÁN ANUNCIA A PRÓXIMA POSTA EN MARCHA DUN PROXECTO MUNICIPAL NO SECTOR TÉXTIL EN COLABORACIÓN COA EMPRESA <E-V TEXTIL> QUE POTENCIARÁ A CREACIÓN DE ENTRE 8 E 10 POSTOS DE TRABALLO EN SISTEMA DE COOPERATIVA

A concelleira de Emprego destaca que “esta actuación importante inserida no plan de formación e emprego do Concello de Lalín se desenvolverá en varias fases e dará comezo dentro dun mes co inicio dun programa formativo nas instalacións da empresa sitas no Polígono Lalín 2000” Ler máis

JOSÉ ANTONIO RODRÍGUEZ ANUNCIA QUE “33 CANDIDATURAS SE PRESENTAN AO XIX PREMIO NACIONAL DE PERIODISMO GASTRONÓMICO “ÁLVARO CUNQUEIRO” QUE SE FALLA EN LALÍN O VINDEIRO MARTES 22 DE XANEIRO

O concelleiro de Turismo salienta que “se trata dunha cifra destacable, pois hai traballos correspondentes a todas as categorías procedentes de distintos puntos da xeografía galega e mesmo de España” Nesta edición do Premio promovido polo Concello de Lalín, en colaboración cos tres Facultades de Comunicación de Galicia e as asociacións gastronómicas galegas, repártense 5.000 euros en tres categorías: 3.000 euros para o mellor traballo xornalístico presentado entre todas as categorías; outro premio de 1.000 euros tamén para o traballo escollido entre todas as categorías e un terceiro premio de 1.000 euros ao mellor traballo académico dirixido á gastronomía presentado por alumnos de Periodismo, Publicidade e Comunicación Audiovisual de toda a xeogría nacional co fin de potenciar os novos valores da profesión xornalística Ler máis

CRESPO INDICA QUE “O LABOR DO <TÍO XANETE> BEN MERECE UN RECOÑECEMENTO OFICIAL” E ANUNCIA QUE “NO SEU MOMENTO PROPORÁ QUE SE ESTUDE UNHA HOMENAXE Á SÚA PERSOA PARA DARLLE NOME A ALGÚN ESPAZO PÚBLICO”

O alcalde de Lalín afirma que “no seu día farei unha proposta que estudará a Corporación” porque “o traballo desenvolvido en múltiples campos por Daniel González González durante toda a súa vida, xunto co boa persoa que foi, é merecente dunha distinción oficial” Ler máis

CRESPO LAMENTA A MORTE DO <TÍO XANETE>, “UNHA PERSOA DE REFERENCIA NA VIDA SOCIAL E CULTURAL DE LALÍN, QUE SEMPRE CONTRIBUÍU A ENXALZAR AS GRANDEZAS DO NOSO POBO”

“A súa perda é dun valor incalculable, era dunha personalidade abrumadora, multifácetico, moi querido polos seus veciños; toda unha institución en Lalín e Comarca”, afirma O primeiro edil lalinense destaca que Daniel González González foi un dos primeiros Comendadores do Cocido en recoñecemento ao seu labor desinteresado de asiduo colaborador coa Feira, principalmente como comentarista do desfile de charangas e comparsas e tamén foi recoñecido polo Concello de Lalín co premio Lalinense 2009 a toda unha vida Ler máis

LALÍN E FISTERRA DESENVOLVERÁN ACTOS DE PROMOCIÓN TURÍSTICA, GASTRONÓMICA E DEPORTIVA CONXUNTA CON MOTIVO DA ETAPA DA VOLTA CICLISTA 2013 “KMO DE GALICIA-CABO DO MUNDO”, TRAS ACEPTAR O REXEDOR FISTERRÁN A PROPOSTA FEITA POR CRESPO

O alcalde de Lalín, José Crespo, departiu hoxe na presentación da Volta Ciclista a España 2013 con diversos persoeiros como Carlos Núñez, Indurain ou Javier Guillén. “Fixen moitos contactos para sacarlle a máxima das rendibilidades a este importante evento”, dixo Agradece a Louzán as negociacións para que a Volta Ciclista a España 2013 pase por Lalín e tres concellos máis do Deza (Agolada, Vila de Cruces e Silleda) Ler máis

ARRANCA O XV MES DO COCIDO DE LALÍN CON 23 ESTABLECEMENTOS ADHERIDOS AO COMPROMISO DE CALIDADE

O concelleiro de Turismo, José Antonio Rodríguez, presentou en rolda de prensa o Mes do Cocido, acompañado dos establecementos adheridos ao "Cocido de Lalín, Compromiso de Calidade" co que se busca dar un paso máis para alcanzar a excelencia neste prato como motor da economía Ler máis

Portal Transparencia

Roteiros de Lalín