Noticias

A XXI ROMARÍA INTERXERACIONAL CELEBRARASE O SÁBADO 6 DE XULLO NA CARBALLEIRA DAS CASIANAS, NUNHA TARDE DE CONVIVENCIA QUE INCLUIRÁ UNHA CHOCOLATADA, MÚSICA, BAILE E HUMOR A CARGO DE XACOBO PÉREZ

Paz Pérez indica que este encontro de convivencia dará comezo despois da sobremesa, a partir das 16.00 h, e terá carácter gratuíto “O que si pedimos -remarcou- é que as persoas interesadas en asistir se inscriban no departamento de servizos sociais canto antes -data límite o 3 de xullo- porque nos facilitará moito o traballo á hora de facer as nosas previsións” Expuxo que “a modo voluntario, facemos unha chamada á colaboración para que aquelas persoas que o estimen oportuno podan achegar algún produto non perecedeiro e depositalo nun contedor que estará á pé da Romaría”. Concretou que sempre que os asistentes o consideren axeitado, sen que iso sexa condición para entrar á Carballeira A concelleira adiantou que se fará un recoñecemento especial a un lalinense que se volcou coa Concellería de Benestar nos últimos meses Ler máis

O CONCELLO DE LALÍN RENDERÁ O VENRES 28 DE XUÑO UNHA HOMENAXE A ALFONSO SUCASAS POLO SEU PRIMEIRO CABODANO, QUE CONTARÁ CON MÚSICA DE VIOLÍN DO CONSERVATORIO, CUN RECITAL DO POETA TOSAR E CUNHA OFRENDA FLORAL

Este sinxelo acto de recoñecemento, terá lugar no antigo cemiterio de Lalín onde está soterrado o artista a partir das 19.15 horas, e foi pactado polo alcalde José Crespo coa viúva deste grande da pintura galega, nunha reunión mantida recentemente con María Espinosa para empezar a traballar nun proxecto máis a longo prazo para manter a memoria deste mestre das artes plásticas o máis viva posible Ler máis

UNHA TRINTENA DE VENDEDORES DE PRODUTOS HORTÍCOLAS E ARTESANAIS PARTICIPARÁN NO PRIMEIRO MERCADO TRADICIONAL “LALÍN, COMPROMISO DE CALIDADE” QUE ARRANCARÁ O PRÓXIMO SÁBADO NA PRAZA DA IGREXA

O do vindeiro 22 de xuño será o mercado de San Xoán correspondente á estación de verán e celebrarase ao longo de todo o día O acto inaugural terá lugar ás 12.00 horas e nel participará ademais do alcalde José Crespo, e da concelleira delegada María José Batán, os directores xerais de Comercio e Desenvolvemento Rural, Sol Vázquez e Antonio Crespo Ler máis

CRESPO EXPLICOU AOS REPRESENTANTES DAS COOPERATIVAS LALINENSES O PROGRAMA PILOTO EXPERIMENTAL DE MELLORA DA COMPETITIVIDADE DO SECTOR LÁCTEO

O alcalde de Lalín, José Crespo, e o concelleiro de Medio Rural, Manuel Fernández, reuniuse hoxe cas cooperativas gandeiras da zona para lle explicar o “Programa piloto experimental da mellora da competitividade do sector lácteo gandeiro” que permitirá a 25 gandeiros da provincia de Pontevedra acceder a formación teórico práctica no camiño cara a modernización e profesionalización das explotacións gandeiras. Ler máis

CRESPO OFRECE Á OPOSICIÓN FORMAR PARTE DUN GOBERNO DE CONCENTRACIÓN PARA BUSCAR SOLUCIÓNS EN CONXUNTO EN TEMAS VITAIS PARA LALÍN NUNHA “NOVA FÓRMULA DE FACER POLÍTICA”

O primeiro edil lalinense pide á oposición que estude esta oferta xenerosa que lles fai ante a situación excepcional que se vive e pon como condición para cogobernar “lealdade” e que estean de acordo os tres grupos políticos da oposición Ler máis

BATÁN PRESENTA O CICLO DE MERCADOS TRADICIONAIS QUE ARRANCARÁN O PRÓXIMO 22 DE XUÑO E QUE SE CELEBRARÁN NA PRAZA DE IGREXA

Haberá mercados trimestrais, un por estación, que se celebrarán en horario de mañá e tarde (como o do próximo sábado, de San Xoán) e outros sabatinos semanais, que se desenvolverán en horario de mañá Ler máis

O EDIL DE INFRAESTRUTURAS RURAIS ANUNCIA QUE SE VÉN DE INICIAR O EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN DE OBRAS DE ABASTECEMENTO DE AUGA EN OITO LUGARES DE SEIS PARROQUIAS LALINENSES CON CARGO AO PLAN DE INVESTIMENTOS DA DEPUTACIÓN

Antonio Rodríguez Rodríguez explica que con este Plan dotarase dun servizo óptimo de auga a preto de 300 veciños lalinenses dos lugares de Castro de Abaixo; Vilamaior; Senín e Porto do Carrio; Puxallos; O Castelo; Gondoriz pequeno e Belelle, estendendo así o abastecemento de auga potable á práctica totalidade da poboación do municipio Ler máis

Portal Transparencia

Roteiros de Lalín