Noticias

UNHA TRINTENA DE VENDEDORES DE PRODUTOS HORTÍCOLAS E ARTESANAIS PARTICIPARÁN NO PRIMEIRO MERCADO TRADICIONAL “LALÍN, COMPROMISO DE CALIDADE” QUE ARRANCARÁ O PRÓXIMO SÁBADO NA PRAZA DA IGREXA

O do vindeiro 22 de xuño será o mercado de San Xoán correspondente á estación de verán e celebrarase ao longo de todo o día O acto inaugural terá lugar ás 12.00 horas e nel participará ademais do alcalde José Crespo, e da concelleira delegada María José Batán, os directores xerais de Comercio e Desenvolvemento Rural, Sol Vázquez e Antonio Crespo Ler máis

CRESPO EXPLICOU AOS REPRESENTANTES DAS COOPERATIVAS LALINENSES O PROGRAMA PILOTO EXPERIMENTAL DE MELLORA DA COMPETITIVIDADE DO SECTOR LÁCTEO

O alcalde de Lalín, José Crespo, e o concelleiro de Medio Rural, Manuel Fernández, reuniuse hoxe cas cooperativas gandeiras da zona para lle explicar o “Programa piloto experimental da mellora da competitividade do sector lácteo gandeiro” que permitirá a 25 gandeiros da provincia de Pontevedra acceder a formación teórico práctica no camiño cara a modernización e profesionalización das explotacións gandeiras. Ler máis

CRESPO OFRECE Á OPOSICIÓN FORMAR PARTE DUN GOBERNO DE CONCENTRACIÓN PARA BUSCAR SOLUCIÓNS EN CONXUNTO EN TEMAS VITAIS PARA LALÍN NUNHA “NOVA FÓRMULA DE FACER POLÍTICA”

O primeiro edil lalinense pide á oposición que estude esta oferta xenerosa que lles fai ante a situación excepcional que se vive e pon como condición para cogobernar “lealdade” e que estean de acordo os tres grupos políticos da oposición Ler máis

BATÁN PRESENTA O CICLO DE MERCADOS TRADICIONAIS QUE ARRANCARÁN O PRÓXIMO 22 DE XUÑO E QUE SE CELEBRARÁN NA PRAZA DE IGREXA

Haberá mercados trimestrais, un por estación, que se celebrarán en horario de mañá e tarde (como o do próximo sábado, de San Xoán) e outros sabatinos semanais, que se desenvolverán en horario de mañá Ler máis

O EDIL DE INFRAESTRUTURAS RURAIS ANUNCIA QUE SE VÉN DE INICIAR O EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN DE OBRAS DE ABASTECEMENTO DE AUGA EN OITO LUGARES DE SEIS PARROQUIAS LALINENSES CON CARGO AO PLAN DE INVESTIMENTOS DA DEPUTACIÓN

Antonio Rodríguez Rodríguez explica que con este Plan dotarase dun servizo óptimo de auga a preto de 300 veciños lalinenses dos lugares de Castro de Abaixo; Vilamaior; Senín e Porto do Carrio; Puxallos; O Castelo; Gondoriz pequeno e Belelle, estendendo así o abastecemento de auga potable á práctica totalidade da poboación do municipio Ler máis

O EDIL DE TURISMO OFRECE AOS RESTAURADORES E HOSTALEIROS LALINENSES PUBLICIDADE GRATUÍTA DOS SEUS ESTABLECEMENTOS A TRAVÉS DAS WEBS WWW.SANTIAGOTURISMO.COM E WWW.AREASANTIAGO.ES, NAS QUE SE DIFUNDIRÁ O PROXECTO “ÁREA DE SAN

“Consideramos -sinala- que esta iniciativa é positiva, ao figurar nas devanditas webs a listaxe de todos os establecementos aproveitando a influencia que ten Santiago como destino turístico, polo que os convidamos a que participen neste programa de promoción turística”, remarca Ler máis

I Campus de Baloncesto en Lalín

Organiza o Club Basketdeza, a celebrar o martes 25 e xoves 27 de xuño

Roteiros de Lalín