Noticias

O CONCELLO DE LALÍN EXECUTARÁ UNHA ACTUACIÓN DE MELLORA INTEGRAL DA SEGURIDADE NO ENTORNO DO CONSERVATORIO

O proxecto contempla a construción dunha beirarrúa que dará acceso directo ao recinto, así como a instalación de sinais e outros elementos de seguridade viaria. Será executado a través da Brigada de Obras e, aínda que depende de factores como a climatoloxía, buscarase que poida estar rematado no prazo dun mes. Francisco Vilariño destacou que a actuación dá saída a unha necesidade histórica do conservatorio e que serve para seguir avanzando en materia de accesibilidade e seguridade viaria. Ler máis

CUÍÑA PRESÉNTALLE AOS VECIÑOS DE GOIÁS O PROXECTO PARA LEVAR O ABASTECEMENTO A CÁCEME, A IGREXA E CASAS NOVAS

A iniciativa, que contempla un investimento de preto de 60 mil euros, levarase para a súa aprobación ao vindeiro Pleno municipal. O alcalde salienta que, desta maneira, dáselle cumprimento aos firmes compromisos adquiridos nos últimos meses coa veciñanza de Goiás. Ler máis

COMEZAN NO CANDÁN AS MELLORAS VECIÑAIS, AMBIENTAIS E DA REDE DE SENDEIROS

O proxecto enmárcase dentro do denominado “Plan Candán”, que conleva nesta primeira fase unha inversión de máis de 100 mil euros. González Casares supervisou o inicio das actuacións, que contemplan melloras en Bustelos, Zobra e Vilatuxe, así como a creación dun mirador, unha ponte e a homologación de varios quilómetros de sendeiros. Ler máis

O CONCELLO APROBA UNHA PARTIDA DE 10 MIL EUROS PARA SUBVENCIONAR A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES CULTURAIS

O prazo de presentación de solicitudes será de quince días naturais a contar dende o día seguinte á publicación do extracto da convocatoria no BOP. Ler máis

O CONCELLO DE LALÍN CONVOCA A XXIV EDICIÓN DOS PREMIOS DE XORNALISMO GASTRONÓMICO “ÁLVARO CUNQUEIRO”

Por segundo ano as bases contemplan a presentación de traballos xornalísticos en formato dixital e por correo electrónico para simplificar trámites. Poderán tomar parte neste concurso xornalistas, escritores ou particulares con traballos publicados que se inscriban en calquera dos xéneros xornalísticos. A Xunta de Goberno local vai aprobar as bases dunha convocatoria que permitirá a presentación de iniciativas ata o vindeiro 22 de decembro. O certame repartirá cinco mil euros en premios ás mellores propostas. Ler máis

LALÍN ACOMETERÁ ENTRE O 13 E O 29 DE NOVEMBRO UNHA NOVA CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE PLÁSTICOS DE ENSILAXE

Para levar a cabo este proceso, como é habitual, dividiuse o termo municipal en 3 grandes áreas nas que se realizarán as recollidas de residuos de xeito cronolóxico. Os plásticos non poden ser acopiados fóra das datas marcadas e deberán ser entregados limpos de herba e terra e non se poderán depositar garrafas nin rodas. O Concello reforzou este servizo de máxima importancia para os gandeiros. Ler máis

LALÍN ACOLLE O DÍA 3 DE NOVEMBRO UNHA XORNADA SOBRE URBANISMO SOSTIBLE EN GALICIA

Durante a xornada revisarase a situación actual do urbanismo na nosa comunidade, falarase de propostas que están facendo os concellos para mellorar o desenvolvemento urbanos dos seus municipios. Ler máis

O CONCELLO DE LALÍN PREVÉ UNHA CIFRA DE 20.110 PERSOAS EMPADROADAS A 1 DE XANEIRO DE 2018

A estimación de habitantes a 31 de agosto deste ano é de 20.060 persoas. O alcalde chama a non baixar a garda ante estas cifras provisionais para avanzar no obxectivo fundamental de volver salvar a categoría. O Concello activará o vindeiro mes unha campaña para promover o empadroamento. Ler máis

COMEZA A DESENVOLVER A SÚA ACTIVIDADE A NOVA EMPRESA DE MANTEMENTO DE XARDÍNS E ZONAS VERDES

O alcalde e a concelleira de Medio Ambiente confían en que en pouco tempo se poida constatar unha clara mellora no aspecto dalgúns espazos públicos axardinados. A empresa actuou esta mañá na poda de árbores, traballos que terán continuidade nos próximos días. Ler máis

AS CLASES DE PATINAXE COMEZARÁN O DÍA 8 TRAS A CONTRATACIÓN DUNHA NOVA MONITORA

s clases desta modalidade deportiva gratuíta, que subvenciona a Deputación, teñen lugar cada mércores pola tarde en diferentes horarios, dependendo da idade do alumnado. Ler máis

Roteiros de Lalín