Noticias

CELIA ALONSO PÍDELLE RESPONSABILIDADE AOS COMERCIANTES NA XESTIÓN DE RESIDUOS, EN ESPECIAL DO PAPEL E CARTÓN

En moitas ocasións o cartón é depositado polas mañás, polo que acaba mollándose e ensuciando as rúas impedindo, ademais, a súa reciclaxe. A edil ameaza con impoñer sancións no caso de que continúen os incumprimentos. Lembra que nos casos nos que se acumule moito cartón e non se poida agardar ao horario de recollida, se pode chamar á empresa do lixo para que o acopie fóra de horario. Ler máis

MÁIS DE 400 PERSOAS PARTICIPARÁN HOXE NA II CARREIRA SOLIDARIA NOCTURNA ABANCA DAS FESTAS DE LALÍN

Trátase dunha proba “bonita, moi vistosa e que garante un gran ambiente nas rúas servindo como “pistoletazo” de saída saudable ás festas patronais”. En total participan 50 persoas menores e adultas con algún tipo de discapacidade. Ler máis

DEPUTACIÓN E CONCELLO DE LALÍN PRESENTARÁN O DÍA 2 DE OUTUBRO NA CAPITAL DO DEZA A NOVA CAMPAÑA DE POTENCIACIÓN DO VIVEIRO

A Presidenta, Carmela Silva, e o alcalde, Rafael Cuiña, pecharon hoxe en Pontevedra una ampla batería de iniciativas destinadas a promover o emprendemento nas instalacións. Ler máis

REÚNESE NO CONCELLO A COMISIÓN DE SEGURIDADE PARA CONCRETAR OS DISPOSITIVOS DAS FESTAS

Na reunión concretouse o dispositivo de tráfico e seguridade que se articulará con motivo das festas patronais de Lalín. Ler máis

JOSÉ MANUEL FERNÁNDEZ REÚNESE COS PRODUTORES DA FEIRA “SE É DE LALÍN, É BO”

O encontro tivo como obxectivo realizar unha valoración conxunta da primeira feira do produto local, así como abordar colectivamente novas propostas coas seguir impulsando e dotando de contigo este evento. Ler máis

APRÓBASE EN XUNTA DE GOBERNO O EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN PARA A PAVIMENTACIÓN DE 8 NOVAS PISTAS NO RURAL DE LALÍN

Permitirá o arranxo de estradas en Donsión, Froxán, Toimil, Alperiz, Losón, Chares, Palio e Porcallos. A contratación realizarase por procedemento aberto e ten un orzamento de licitación máximo de 326.838,52 euros. Ler máis

O CONCELLO CONVOCA UNHA EDICIÓN ESPECIAL DO CONCURSO DE PINTURA ESCOLAR “MESTRE LAXEIRO” PARA DEFINIR O DESEÑO DO PIN DA EDICIÓN NÚMERO 50 DA FEIRA DO COCIDO

As bases desta convocatoria, que xurdiu a proposta do alcalde, está dirixida ao alumnado de Primaria dos centros educativos de Lalín. O certame repartirá premios por valor de 1.740 euros entre escolares e centros de ensino. O deseño que se elixa tomarase como base, de maneira íntegra ou parcial, para a elaboración dun dos máis importantes símbolos de identidade da festa. Cuíña salienta que con esta iniciativa “involúcrase aos máis novos nunha celebración que puxeron en marcha hai 50 anos os seus bisavós e tataravós”. Ler máis

O CONCELLO INICIA A CONSTRUCCIÓN DA NOVA ÁREA DE SERVIZO URBANA PARA AUTOCARAVANAS

Os traballos estarán rematados en menos dun mes e comprenden o acondiciononamento dunha parcela de 1.000 metros cadrados no Agro de Lalín de Arriba. Francisco Vilariño fixo fincapé en que esta iniciativa ten o obxectivo de “diversificar a oferta turística do noso concello”, tendo en conta o auxe no que se atopa o turismo de autocaravana. O edil considera que aumentará o número de visitantes a Laín e, porén, isto repercutirá beneficiosamente no tecido económico local. Ler máis

CONTINÚAN OS TRÁMITES PARA A REAHABILITACIÓN DA PONTE DOS CABALOS COA PRÓXIMA REDACCIÓN DO PROXECTO TÉCNICO DEFINITIVO

Tras recibir a memoria o visto bo, o Concello presentará un proxecto definitivo que permita a autorización final das obras. Augas de Galicia xa concedeu o permiso para a rehabilitación no mes de xuño. Lalín e Agolada manteñen un convenio para a recuperación desta infraestrutura a través dun proxecto orzamentado nuns 100 mil euros. Ler máis

Roteiros de Lalín