Wenceslao CALVO GARRA

Volver a Fillos Ilustres
Wenceslao CALVO GARRA

Licenciado en medicina na Universidade de Valencia

Nace en Lalín en 1921. Licenciouse en medicina na Universidade de Valencia, onde traballou de profesor encargándose das prácticas de Anatomía Patolóxica, e investigador no Instituto Ramón y Cajal. Continuou estudios en Lisboa cunha bolsa de estudios do Consello Superior de Investigacións Científicas, e logo pola Fundación Rockefeller para o Instituto Neurolóxico de Montreal, en Canadá.
No ano 1950 obtivo en Madrid o Premio Ramón y Cajal de Investigación por un traballo de neurofisioloxía que presentou co nome de Deza.
No ano 1952 dirixe a construcción do Palencefalógrafo que permitía estudiar os tumores cerebrais mediante impulsos eléctricos.
No ano 1965 trasladouse a Friburgo (Alemania) onde traballou na rexeneración da medula ósea destruída por radiacións nucleares.
Posteriormente trasladase a Universidade de Ulm (Alemania), onde consigue illar as células sanguíneo-formadoras (células nai das células sanguíneas) as chamadas "células Tronco".
En Ulm estudia os efectos da radiación atómica de Hiroshima e Nagasaki, e viaxou a Rusia para estudiar os efectos da radiación da central nuclear de Chernobil. Nesta liña investigadora estaba no camiño de conseguir a fabricación do sangue artificial para transfusións necesarias en caso de transplantes de órganos.

Faleceu na cidade alemana de Ulm o 25 de maio de 2003.

Roteiros de Lalín