O Concello de Lalín organiza un curso de robótica para nenos

O Concello de Lalín organiza un curso de robótica para nenos
Domingo 18 de Xuño de 2017 - Co fin de dinamizar e fomentar o coñecemento en novas tecnoloxías o Concello de Lalín organiza un curso de robótica para nenos de 8 a 15 anos. Os obxectivos do curso son fomentar o pensamento lóxico-dedutivo, a programación por bloques e a computación dun xeito divertido e práctico.

No curso empregarase o robot galego "Escornabot", o kit de robótica BQ e o IDE de Arduino, que iniciarán ao alumno na robótica sen necesidade de coñecementos previos.

Para que os alumnos teñan unha atención personalizada ofértanse un total de 32 prazas, gratuítas, repartidas en catro grupos de 8 persoas. O curso consta de 20 horas por cada grupo. A inscrición aos grupos farase por orde de recepción. As persoas doutras idades, ou que non estén empadroadas en Lalín, poderán facer o curso soamente no caso de estar dispoñibles prazas libres e por orde de inscrición.

Os días e horario dos grupos son os seguintes:

* Grupo 1 - do día 26 ao 30 de xuño de 10:00h a 14:00h.
* Grupo 2 - do día 26 ao 30 de xuño de 15:30h a 19:30h.
* Grupo 3 - do día 4 ao 8 de setembro de 10:00 a 14:00h.
* Grupo 4 - do día 4 ao 8 de setembro de 15:30 a 19:30h.

O curso levarase a cabo na Aula CEMIT, no Auditorio de Lalín, na rúa do Parque s/n.

PRAZOS INSCRICIÓN
O prazo de inscricións para todos os grupos abre este luns, día 19, a partires das 8:00 horas.  Para os grupos 1 e 2 o prazo remata o día 23 de xuño; e ata o 1 de agosto para os grupos 3 e 4.

As solicitudes poden entregarse no Rexistro Municipal do Concello de Lalín ou na Sede Electrónica, xunto coa seguinte documentación:

- Ficha de inscrición
- Fotocopia do DNI
- Folla de empadroamento

Roteiros de Lalín