Sede Electrónica Concello de Lalín
Plan de Acción para o Comercio e a Hostalería
Percorridos Virtuais
O Castro Tecnolóxico
Turismo de Lalín

Descubre a súa vida interior

VER MÁIS

Lalín en Imaxes

Unha vila aberta para disfrutar

VER MÁIS

Radio Lalín

Escóitanos no 106.8 FM

ESCOITAR RADIO LALIN

Corporación

cabecera xuventude

Xuventude

imagen interna principal concejalia

A Oficina Municipal de información Xuvenil está ubicada na Casa do Concello de Lalín, na Praza de Galicia, nº1.

O seu horario de atención o público é de luns a vernes, de 8:00 a 15:00 horas. Teléfono 986787052 e enderezo electrónico xuventude@lalin.org.

A misión da Concellería de Xuventude é favorecer a inserción social e económica dos mozos dende a participación, para isto é recomendable presentar un Plan Anual de Actividades, estas actividades poden estar organizadas tanto pola propia Concellería como por asociacións ou colectivos. Se os mozos/as son os destinatarios de todo o traballo que desenvolve a Concellería, tamén os consideramos suxeitos activos, tanto na toma das decisións que lles afectan como na xestión dos proxectos e accións que se poñan en marcha. Deste modo, a Concellería de Xuventude debería contar coa participación dos mozos, individual e colectivamente, a través das súas Asociacións e do futuro Consello Municipal de Xuventude, no que se integrarán..

Sobre estes tres piares - participación, xestión cos mozos e coordinación, aséntase o traballo da Concellería de Xuventude, que se pretende poñer en marcha as seguintes propostas:

* Obter máis participación dos mozos, mediante a súa incorporación ó Consello Municipal da Xuventude.

* Favorecer o acceso ó emprego, mediante programas que favorezan a creación de postos de traballo, o autoemprego, a iniciativa empresarial e a formación entre a xuventude.

* Facilitar o acceso á vivenda, poñendo ó seu servicio información e asesoramento de balde no tocante a axudas , etc.

* Impulsar as relacións internacionais e intercambios entre mozos, poñendo especial énfase na participación de Programas da Unión Europea para a xuventude.

* Axudar ós mozos a definir os seus itinerarios formativos, mediante a información e o asesoramento en materia de educación.

* Promover unha ocupación do ocio e o tempo libre mediante prácticas saudables e que favorezan la convivencia.

* Desenvolver accións dirixidas a evitar prácticas de risco entre a poboación xuvenil e que contribúan ó seu desenvolvemento integral e afirmación persoal, en definitiva, que melloren a súa saúde e calidade de vida.

Roteiros de Lalín