Nicolás González Casares, supervisou esta mañá o inicio das actuacións e informou de que estarán concluídas no prazo aproximado dun mes.
Como primeiro paso estase a proceder á retirada selectiva de enseres e mobiliario, así como elementos de tabiquería, falsos teitos, escaleiras etc.
O montante total que se prevé destinar ao Plan de recuperación social do Manuel Rivero ascende a máis dun millón de euros, o que permitirá desenvolver diferentes actuacións para poñer en valor unha superficie total de máis de 3.500 metros cadrados. Ler máis