O arquitecto Pablo Fernández será o encargado de elaborar este documento.
A actuación afectará a unha parcela de 1.523 metros cadrados e contempla tanto o derrube do vello colexio como a explanación da parcela.
O custe da intervención calcúlase próximo aos 80 mil euros.
A demolición desta infraestrutura é necesaria para a futura construción do novo albergue de peregrinos e para a rexeneración da zona dentro do Plan de recuperación social do Manuel Rivero. Ler máis
Antes de tomar unha decisión o Goberno convocará reunións cos veciños e veciñas para coñecer tamén as súas opinións con respecto á posta en marcha desta modalidade de estacionamento. Ler máis
González Casares indicou que o proxecto técnico se atopa nunha fase de redacción moi avanzada e anunciou a convocatoria dunha reunión informativa que terá lugar o vindeiro xoves.
A actuación, ademais de fomentar a posta en valor e o embelecemento da zona, suporá a posta en marcha de importantes melloras en servizos para a veciñanza. Ler máis
Terá lugar este venres, ás 20.30 horas, no local social.
Ten especial interese a asistencia de persoas con propiedades na área de afección do castro. Ler máis
O Concello instala planos esquemáticos coas distancias e os tempos a pé entre varios puntos de interese “para invitar ao cidadán a aparcar o coche e fomentar a cultura de camiñar”.
Francisco Vilariño e Nicolás González Casares destacaron que a iniciativa, ademais de promover a mobilidade saudable e sostible, serve para incentivar o coñecemento de Lalín.
Os planos poñen de manifesto que entre as áreas de estacionamento e os principais servizos do casco urbano non hai en ningún caso máis de 10 minutos a pé.
Os planos foron colocados no día de hoxe pola brigada de obras e poden verse pola vila en diferentes localizacións e formatos. Ler máis
O proxecto enmárcase dentro do Obxectivo Temático 6 da estratexia DUSI Lalín Ssuma 21 e permitirá avanzar en materia de mobilidade ao tempo que se fomenta a cohesión entre o casco urbano e o rural.
Casares e Vilariño sinalaron que estas actuacións forman parte dun proxecto “que ten claro que a mobilidade debe ser sostible e segura, cuestión que está na propia vontade do Goberno e na fundamentación da estratexia”. Ler máis
O obxectivo do proxecto como explicaron Casares e Vilariño, “é o de mellorar mediante unha actuación sinxela a seguridade de condutores e peón en puntos especialmente conflitivos.
Con esta iniciativa o Goberno segue dando pasos en materia de accesibilidade e seguridade viaria, permitindo os desprazamentos a pé seguros e dándolle prioridade ás persoas por enriba dos coches. Ler máis