Sede Electrónica Concello de Lalín
Plan de Acción para o Comercio e a Hostalería
Percorridos Virtuais
O Castro Tecnolóxico
Turismo de Lalín

Descubre a súa vida interior

VER MÁIS

Lalín en Imaxes

Unha vila aberta para disfrutar

VER MÁIS

Radio Lalín

Escóitanos no 106.8 FM

ESCOITAR RADIO LALIN

Corporación

Urbanismo

A Oficina de Urbanismo está ubicada na pranta primeira do Concello de Lalín. Praza de Galicia, 1. Lalín.

O seu horario de atención ao público é de luns a vernes, de 8:00 a 15:00 horas. Teléfono: 986787060, Oficina de Urbanismo.

Noticias

O CONCELLO REUBICARÁ A CRUZ CARLISTA DE CASAS NOVAS, A CARÓN DA QUE SE COMEZOU A LEVANTAR UNHA OBRA

O vestixio colocarase nun lugar próximo ao seu emprazamento orixinal que aínda está por determinar, pero que garantirá o respecto pola súa consideración histórica. O cruceiro contará cunha placa explicativa da historia e da etapa na que foron colocadas as pezas. Ler máis

O GOBERNO DE LALÍN CONVOCA UNHA REUNIÓN COS VECIÑOS DAS ZONAS AFECTADAS POLO PROCESO DE PEONALIZACIÓN

A xuntanza terá lugar hoxe ás 21.00 horas no Concello e están chamados a asistir os cidadáns das rúas Principal, Joaquín Loriga, Colón, Praza da Igrexa e Wenceslao Calvo Garra. Analizaranse conxuntamente os aspectos que engloba o proceso de peonalización, atendendo aos retos que se deben marcar a cidadanía e os sectores comercial e hostaleiro. Ler máis

O CONCELLO DE LALÍN INVESTIRÁ 803 MIL EUROS NA MELLORA INTEGRAL DA ROLDA LESTE

O Goberno destinará a este proxecto medio millón de euros dos 1,7 que recibirá o próximo ano do Plan de Concellos da Deputación. A eses 500 mil euros súmanse os 300 mil que xa estaban comprometidos para este mesmo ano pola institución provincial. Ler máis

CUÍÑA RECORDA QUE O PROXECTO DA CONSTRUCIÓN DUNHA ROTONDA NA AVENIDA DE MADRID ESTÁ NO PACTO DE GOBERNO E SE FARÁ DURANTE ESTE MANDATO

“O Goberno é consciente desta necesidade que o PP deixou de lado durante tantos anos”, explicou o rexedor. A execución da glorieta na avenida de Madrid entra dentro dun plan máis amplo de actuacións de mellora da seguridade e das interconexións entre Lalín e Donramiro. Ler máis

O CONCELLO PRESENTA A NOVA ORDENANZA DE TERRAZAS, QUE TRATA DE DAR RESPOSTA ÁS PRINCIPAIS NECESIDADES DO SECTOR HOSTALEIRO

A norma adáptase ao novo modelo urbano de Lalín, regulando a disposición de terrazas de tipo convencional, de tipo ampliable e de tipo pechado. A lonxitude das terrazas será, por norma xeral, a do establecemento, podendo ampliarse a locais lindeiros, sempre que se obteña a autorización dos seus titulares. A taxa de ocupación por unha terraza convencional, baixa un 2,5 por cento con respecto ás tarifas vixentes. Ler máis

CASARES PRESENTA NO CONCELLO A ESTRATEXIA COA QUE LALÍN OPTA A RECIBIR FONDOS EUROPEOS PARA O DESENVOLVEMENTO URBANO SOSTIBLE

De concederse a axuda, o Concello de Lalín sumaría un total de 6 millóns de euros para a execución de diferentes proxectos. A elaboración da estratexia está aberta á cidadanía que poderá participar na súa consecución a través dunha enquisa pública. Ler máis

O CONCELLO ULTIMA DETALLES PARA A PEONALIZACIÓN DAS RÚAS PRINCIPAL E LORIGA E ANALIZA OS POSIBLES RESULTADOS DO PROCESO

O Goberno estuda as posibilidades comerciais que se abrirán na zona unha vez se limite o acceso de coches. O inicio do proceso, previsto a partir do 22 de decembro, irá acompañado dun programa de actividades de dinamización lúdica e cultural que se acabará de definir nas vindeiras semanas. Ler máis

A CIRCULACIÓN DE VEHÍCULOS SERÁ DE SENTIDO ÚNICO NA RÚA DO REGUEIRIÑO E NA PRAZA DO CONCELLO CANDO ABRA A NOVA BIBLIOTECA

A decisión responde a motivos de seguridade viaria, xa que se prevé que coa apertura da biblioteca aumente a actividade no seu entorno. O Goberno municipal humanizará o Barrio de Abaixo aproveitando o tirón da futura biblioteca, para crear un eixo que conecte a zona do Qm 0 co Regueiriño. O novo centro bibliotecario dotarase dunha rede wifi perimetral á que os veciños e veciñas se poderán conectar no exterior do recinto. Ler máis

CASARES E MEDELA REÚNENSE EN FILGUEIRA CON AFECTADOS POLA CONSTRUCIÓN DA CUARTA FASE DO POLÍGONO LALÍN 2000

O Concello retomará os contactos co Catastro para obter unha resposta definitiva sobre a posibilidade de rebaixar o valor catastral dos terreos nun 60%. Convocarase aos propietarios a unha nova reunión nun prazo máximo de 2 meses. Ler máis

O ALCALDE ACADA UN NOVO AFORRO DE 46 MIL EUROS NOS GASTOS DERIVADOS DA COMPRA DO PARKING EUROPA

Rafael Cuíña reuniuse hoxe con membros da familia Portas e Acuña para negociar o pagamento dos atrasos do IBI, que ascendían a 96 mil euros.Esta cantidade súmase á redución de 400 mil euros lograda no prezo do parking con respecto á cantidade acordada polo anterior Goberno. Ler máis

Roteiros de Lalín