Casares afirmou que esta iniciativa suporá “un investimento moi importante e con gran repercusión na modernización tecnolóxica do Concello de Lalín e dos seus servizos”.
Contempla a posta en marcha de redes wifi abertas, sistemas de axuda ao estacionamento, pantallas informativas etc. Ler máis
O alcalde asinou esta mañá o contrato con representantes das empresas BCNOR GESTIÓN Y SOLUCIONES AVANZADAS e BARNACLE OBRAS Y SERVICIOS, que presentaron de forma conxunta a oferta máis vantaxosas das 16 que concorreron ao procedemento. Os traballos adxudicáronse por un importe de máis de 139 mil euros. A actuación prevista forma parte do programa de iniciativas que permitirán embelecer o casco urbano e facer de Lalín unha vila moito máis atractiva. Ler máis
A actuación permitirá rexenerar esta vía mediante a reconstrución das beirarrúas e a reposición da capa de asfalto.
Francisco Vilariño lembrou que o proxecto dá inicio a un importante programa de melloras en varias rúas da vila mediante o que se renovará o seu aspecto e se incrementarán as condicións de accesibilidade e mobilidade urbana. Ler máis
A rúa transformarase nunha plataforma única con beirarrúas máis anchas e un deseño que aposta por facer o espazo urbano máis acolledor.
O proxecto tamén inclúe importantes melloras en materia de seguridade viaria e servizos públicos urbanos.
O concelleiro explicou que a obra resume a filosofía do Goberno “con respecto ao que ten que ser o hábitat dunha vila na que os cidadáns teñen que ser os protagonistas e non os coches”. Ler máis
O proceso de licitación guiarase pola modalidade aberta simplificada, destinando o Concello de Lalín un total de 89.443,08 euros a esta actuación. Se o procedemento discorre segundo o previsto a obra podería estar finalizada a finais de ano.
González Casares lembrou que o montante total que se prevé destinar ao Plan de recuperación social do Manuel Rivero ascende a máis dun millón de euros.
Permitirá desenvolver diferentes actuacións para poñer en valor unha superficie total de máis de 3.500 metros cadrados. Ler máis
A proposta do executivo contempla o estacionamento totalmente de balde nas franxas horarias de entre as 10.00 e as 13.00 horas e entre as 17.00 e as 20.00, de luns a venres, excepto festivos.
Con esta medida garántese a cobertura dos intervalos diarios de maior intensidade circulatoria e maior actividade comercial.
Cuíña, Casares e Teresa Varela explican que a iniciativa aumentará o uso da instalación, evitará desprazamentos innecesarios en coche e incrementará as posibilidades do comercio local. Ler máis
A concelleira de Parques e Xardíns salienta que a proposta permitirá poñer en valor un espazo neurálxico, facñendoo máis atractivo, accesible, equilibrado e funcional.
O alcalde significa a revitalización e rexuvenecemento desta zona urbana cun deseño máis aberto e xogos adaptados ao entorno.
Membros do estudio de arquitectura Promove presentaron esta semana a iniciativa ao tenete de alcalde e á edil de Parques e Xardíns.
A actual fonte integrarase no terreo, converténdose nun montículo para zona de xogos, pero conservando os seus elementos diferenciadores.
O Concello xa solicitou os correspondentes permisos a Patrimonio, para poder sacar a licitación as obras no menor prazo de tempo. Ler máis
As obras comezarán coa reconstrución das beirarrúas, un proxecto que quedou hoxe publicado na Plataforma de Contratacións do Estado, o que abre un prazo de 20 días para a presentación de ofertas empresarias.
Francisco Vilariño explicou que a iniciativa segue a liña dunha serie de actuacións que permitirán homoxeneizar e mellorar o aspecto de varias das arterias máis importantes do casco urbano. Ler máis
As actuacións foron adxudicadas á empresa Rafer cun investimento de preto de 40 mil euros.
Francisco Vilariño explica que a iniciativa é a primeira dunha serie de actuacións que permitirán homoxeneizar e mellorar o aspecto de varias das arterias máis importantes do casco urbano.
Os traballos consistirán na reposición do firme e na reconstrución das beirarrúas.
A intervención non implicará cambios na dirección de circulación e seguirase permitindo o estacionamento de vehículos en ambas marxes. Ler máis
Francisco Vilariño supervisou hoxe os traballos que permitirán mellorar considerablemente a imaxe destes elementos urbanos e dun espazo neurálxico e moi transitado.
O proxecto dá continuidade ás actuacións xa realizadas nos últimos meses nas rúas Principal, Joaquín Loriga, Matemático Rodríguez e Rosalía de Castro. Ler máis