Operarios das empresas BCNOR GESTIÓN Y SOLUCIONES AVANZADAS e BARNACLE OBRAS Y SERVICIOS comezaron esta mañá os traballos previos ao inicio físico das actuacións.
O alcalde e o tenente de alcalde asistiron hoxe ao comezo duns traballos que mellorarán de maneira substancial, tanto estética como funcionalmente, esta zona do Regueiriño.
Os traballos adxudicáronse por un importe de máis de 139 mil euros e estará rematados en xaneiro.
A actuación prevista forma parte do programa de iniciativas que permitirán embelecer o casco urbano e facer de Lalín unha vila moito máis atractiva. Ler máis
O orzamento de licitación ascende a preto de 40 mil euros, que se cofinanciarán nun 80% por fondos FEDER no marco do Programa Operativo de Crecemento Sostible (POCS) 2014-2020
As propostas deben definir as medidas necesarias para eliminar a fenda de desconexión urbana que hoxe existe a ambos lados da vía.
Os grandes obxectivos pasan por incrementar a seguridade viaria e a mellorar a accesibilidade e a mobilidade no ámbito de actuación coa construción de beiravías, carril bici e sendas de continuidade urbana.
O ámbito concreto de actuación da iniciativa corresponde con ambas marxes da Avenida Xosé Cuíña entre a rotonda de Wily e o acceso ao centro comercial Pontiñas.
O tenente de alcalde participou hoxe en Madrid nunha reunión das entidades que forman parte Rede de Iniciativas Urbanas centrada na xestión dos fondos DUSI. Ler máis
A intervención permitirá deixar as 6 vivendas do edificio nº5 en perfecto estado de habitabilidade para destinalas a fins sociais tan pronto como se rematen as obras.
Casares e Fernández explicaron que paralelamente a este proxecto, o Concello de Lalín vai desenvolver os trámites necesarios para regular o uso das vivendas rehabilitadas. Ler máis
Francisco Vilariño explica que se trata dunha actuación moi ambiciosa que non só servirá para mellorar o firme e as beirrarúas, senón que tamén suporá a mellora das canalizacións soterradas para servizos como saneamento e abastecemento, electricidade e telecomunicacións.
O proxecto, que está previsto acometer no primeiro semestre do vindeiro ano, complementará o amplo conxunto de actuacións para homoxeneizar e rexenerar por completo o aspecto dunha zona urbana céntrica cunha alta densidade poboacional e con gran actividade comercial.
O concelleiro de Obras lembra que responde a unha demanda veciñal que o Goberno asumiu como propia e incluíu no paquete de actuacións que se van financiar con cargo aos remanentes de 2017. Ler máis
A firma lalinense Lar Taller de Arquitectura S.L será o estudo encargado de elaborar este documento.
A iniciativa permitirá seguir avanzando en materia de mobilidade ao tempo que se fomenta a cohesión entre o casco urbano e o rural.
Casares e Vilariño sinalaron que as actuacións forman parte dun proxecto “que ten claro que a mobilidade debe ser sostible e segura, cuestión que está na propia vontade do Goberno e na fundamentación da estratexia Lalín Ssuma 21”. Ler máis
A iniciativa -que contaba cun orzamento de licitación de 26.667 euros procedentes do Plan de Concellos da Deputación- foi adxudicado á empresa Proyestegal S.L por 18.634.
Casares lembrou que se trata dun documento estratéxico que permitirá realizar un diagnóstico acertado sobre a mobilidade urbana e establecer propostas concretas para actuar a curto, medio e longo prazo.
Para o tenente de alcalde o PMUS, así como iniciativas como o Estudo de Comercio, o Plan de Turismo ou o Lalín Ssuma 21 demostra que o Goberno ten un proxecto de futuro para o concello. Ler máis
González Casares destacou que esta iniciativa constituirá un antes e un despois na modernización tecnolóxica de Lalín.
As empresas que queiran optar a este contrato teñen de prazo para presentar ofertas ata o día 13 de novembro, cun orzamento de licitación de aproximadamente 250 euros. Ler máis
As obras foron pactadas co empresariado e servirán para reorganizar glorietas, arranxar beirarrúas e mellorar as sinalización.
Trátase dun proxecto que redundará en grandes beneficios para o tecido empresarial e polo tanto para o conxunto da economía local. Ler máis
A proposta do Concello acaba de recibir o visto e prace da dirección xeral de Patrimonio e a resolución favorable da Deputación para o investimento, que se financiará a través do Plan Concellos.
A iniciativa está orzamentada en 320 mil euros.
O proxecto permitirá poñer en valor un espazo neurálxico, facéndoo máis atractivo, accesible, equilibrado e funcional. Ler máis
Francisco Vilariño explicou que a obra ten carácter integral e permitirá a mellora e modernización das redes de saneamento e abastecemento, das beirarrúas de ambas marxes e do pavimento.
O concelleiro destacou a dimensión e a importancia dun proxecto moi demandado polos residentes. Ler máis