De acordo cos requirimentos recollidos nese permiso, o Concello xa iniciou o proceso para contratación do preceptivo estudo de intervención arqueolóxica
Nicolás González Casares anuncia que, unha vez se resolvan todos os trámites, as actuacións sacaranse a concurso por un importe de máis de 280 mil euros.
O tenente de alcalde indica que os avances nesta iniciativa, xunto con outras que xa están en proceso de licitación ou adxudicadas, demostran o bo ritmo de execución dos proxectos incluídos na estratexia DUSI Lalín Ssuma 21.
A rehabilitación de Lalín de Arriba incluirá a humanización das rúas mediante unha solución que evocará unha calzada, o soterramento do tendido eléctrico e melloras nos suministros e abastecementos. Ler máis
Con esta operación, asinada esta mañá ante notario, o Goberno cumpre o compromiso adquirido coa veciñanza hai un ano.
O espazo, dun 2.500 metros cadrados, empregarase para a instalación dun novo edificio veciñal que, ao mesmo tempo, permita ampliara dotación do Auditorio.
A proposta de reordenación de espazos contempla ademais unha zona verde e de lecer, unha de estacionamento e unha senda peonil para mellorar a seguridade viaria.
A redacción do proxecto para a súa execución estará concluído antes que remate este mandato. Ler máis
Trátase dun proxecto presentado por un particular para poder obter unha licencia permitirá dotar de beirarrúas e servizos públicos urbanos este zona actualmente sen urbanizar.
González Casares sinala que dende o Concello se van estudar as diferentes posibilidades existentes para executar este proxecto e se vai valorar se é o Concello sexa quen debe proceder a realizar as obras.
Dende a concellería de Urbanismo fixéronse as xestións necesarias para que no proxecto presentado polos promotores se tivese en conta o plan de rehabilitación da zona histórica de Lalín de Arriba, que contacta con esta zona. Ler máis
González Casares supervisou esta mañá a actuación, que obrigará aos viandantes a cruzar obrigatoriamente polo paso de peóns.
O tenente de alcalde lembra que se trata dunha iniciativa que solicitou a ANPA do Sagrado Corazón. Ler máis
As actuacións estarán finalizadas antes de finalizar o mes de xaneiro.
Francisco Vilariño sinalou que este proxecto corrixirá os defectos da rúa e mellorará substancialmente as condicións dunha vía que non presentaba a nivel xeral un bo estado de conservación e que agora se vai recuperar.
A actuación enmárcase nos múltiples proxectos de rehabilitación programados para distintas vías urbanas por parte do Concello de Lalín. Ler máis
A pasarela que comunicará estas zonas terá uns 340 metros de longo e constará dunha senda peonil que irá acompañada de elementos de seguridade con especial atención ao entronque coa Rolda Leste.
Na reunión desta tarde falouse sobre a posible necesidade de facer que a rúa paralela á carballeira sexa de dirección única. Ler máis
O proxecto de urbanización da ARMP-12 afectou a unha área de 38.892 metros cadrados e nos que se acometeu a reurbanización completa dunha franxa de viario público lindeiro coa zona de Porto do Alle, de 729 metros cadrados.
Coa recepción das obras, consolídase a situación da fábrica nesta localización e dótase esa zona da parroquia de Filgueira dos servizos adecuados. Ler máis
Francisco Vilariño mostrou a súa satisfacción “por unhas obras que permitiron corrixir os múltiples defectos da rúa e mellorar substancialmente as condicións dunha vía recuperada para incrementar a calidade de vida dos veciños e veciñas”.
Este proxecto, xunto co que se vai executar en Alcalde Ferreiro, suporá un antes e un despois no estado dunha zona céntrica e das máis importantes do casco urbano. Ler máis
Francisco Vilariño explicou ademais que se están acompasando os trámites administrativos para que as actuacións se executen na época máis propicia e teñan a menor incidencia posible para o comercio e a hostalería
A proposta mellor valorada é a da empresa Construcciones Orega, por un total de preto de 173 mil euros.
A rúa transformarase nunha plataforma única con beirarrúas máis anchas e un deseño que aposta por facer o espazo urbano máis acolledor.
O proxecto tamén inclúe importantes melloras en materia de seguridade viaria e servizos públicos urbanos.
O concelleiro explicou que a obra resume a filosofía do Goberno “con respecto ao que ten que ser o hábitat dunha vila na que os cidadáns teñen que ser os protagonistas e non os coches”. Ler máis
Definirá as actuacións necesarias para crear o Cinto Verde baseándose nun anteproxecto previo xa realizado polo Concello de Lalín, que inclúe actuacións en 9 puntos urbanos e periurbanos.
González Casares lembrou que a iniciativa actuará sobre camiños xa existentes e espazos xa interrelacionados, sen ampliacións e con traballos imprescindibles sobre o terreo para garantir a mobilidade peonil de quen circule por estes trazados.
O obxectivo do Cinto Verde é o de mellorar as conexións periurbanas e urbanas tendo como eixo central o Pontiñas, así como facilitar a mobilidade sostible e saudable. Ler máis