O encontro ten por obxectivo explicar como se vai desenvolver o proceso e recoller suxestións dos veciños. O Goberno aposta pola pedagoxía antes que pola imposición e realizará charlas informativas específicas en colaboración coa AED. Organizaranse visitas a outras vilas con rúas peonís para que os comerciantes e hostaleiros poidan ver as vantaxes desta medida. A primeira fase do proceso beneficiará a un treito da rúa Principal e á rúa Pintor Laxeiro. Ler máis
As contas municipais priorizarán o investimento en políticas sociais, a recuperación do rural e a dinamización económica, social e cultural do concello. Ler máis
Rafael Cuíña reuniuse onte con Ángel González del Río para analizar as posibles solucións ao grave deterioro desta vía. Fomento mellorará a cartelería nas estradas da súa competencia, como a Nacional 525 ao seu paso por Bendoiro. O alcalde agradece a boa disposición e a actitude construtiva do xefe de Demarcación de Estradas de Galicia. Ler máis
Fixar poboación no interior de Galicia, reequilibrar o territorio e proporcionarlle recursos a aos concello do interior que nas últimas décadas viron como as súas parroquias foron quedando cada vez máis desertas porque os seus habitantes emigraron paulatinamente cara ás áreas urbanas. Esta é a idea e o obxectivo que dende xa persiguen de xeito conxunto a Universidade de Vigo e os dez concellos da comarca do Deza, Tabeirós, Montes e Lérez. Ler máis
MOI AVANZADOS OS TRABALLOS DE CONSTRUCCIÓN DO SANEAMENTO DOS LUGARES DE IGREXA E A CABREIRA EN CATASÓS AOS QUE SÓ FALTAN A CONSTRUCCIÓN DUN TOPO NA N525 E A REPOSICIÓN DO FIRME DOS CAMIÑOS AFECTADOS Ler máis
O presidente da Xunta, Alberto Núñez, e o presidente da Depuitación, Rafael Louzán, acompañarán ao alcalde de Lalín, José Crespo, e á corporación no acto de inauguración que incluirá ademais dos parlamentos e o descubrimento da placa conmemorativa do evento actuacións musicais e espectáculo de luz e cor. Ler máis
Tamén se exploraron “vías de compatibilización da mellora da calidade da paisaxe co desenvolvemento económico, algún exemplo foi a proposta de mellorar a calidade ambiental en áreas de actividade intensa” Ler máis
Cos traballos acometidos ata o de agora “xa se pode ollar tamén o perfil que configurará a rampa de acceso que permitirá aos peóns que chegen dende a zona do Regueiriño sobre ata esta praza”.
Ler máis