O Concello retomará os contactos co Catastro para obter unha resposta definitiva sobre a posibilidade de rebaixar o valor catastral dos terreos nun 60%. Convocarase aos propietarios a unha nova reunión nun prazo máximo de 2 meses. Ler máis
Rafael Cuíña reuniuse hoxe con membros da familia Portas e Acuña para negociar o pagamento dos atrasos do IBI, que ascendían a 96 mil euros.Esta cantidade súmase á redución de 400 mil euros lograda no prezo do parking con respecto á cantidade acordada polo anterior Goberno. Ler máis
Os desaxustes detectados nos últimos días débense ás diferencias de acendido de cada cadro eléctrico. Tal e como explicaron os técnicos da empresa, “os problemas que se están producindo nestes momentos non son novos senón que se dan todos os anos”. Ler máis
A ordenanza introducirá un marco legal para as terrazas de inverno, para aquelas que se coloquen en pendentes e para as que se sitúen en zonas peonalizadas. O contacto cos hostaleiros manterase ata concluír a redacción do regulamento. Ler máis
O encontro terá lugar o vindeiro xoves, 8 de outubro, na sala de prensa do Concello. O principal obxectivo é recoller as achegas e suxestións de cara a elaborar unha normativa que dea resposta ás necesidades do sector e da cidadanía. Ler máis
A iniciativa enmárcase como un programa a alcanzar gradualmente durante a lexislatura que combina aspectos sociais, urbanísticos e educativos. Os obxectivos xiran sobre 4 eixos básicos: a participación, a autonomía dos cativos, a mobilidade independente e a seguridade. “Temos que comprender a vila dende a visión dos nenos, incluso dándolles participación nos asuntos públicos”, afirma González Casares Ler máis
O executivo está a valorar diferentes posibilidades para acometer a rebaixa, que xa se reflectirá nos orzamentos do próximo ano. O Concello tamén analiza as diferentes maneiras de compensar a caída na recadación mediante a renegociación de préstamos, que xa está en marcha. Trátase, en palabras do alcalde, dunha medida económica “de apoio ás necesidades dos cidadáns fronte a presión fiscal insostible do anterior Goberno”. Ler máis
A análise desenvolverase en estreita colaboración coa Asociación de Empresarios (AED) e coa axuda dun experto en peonalización. O Concello avaliará a posibilidade de peonalizar tamén un treito da rúa Luís G. Taboada para atender ao elevado número de peticións neste sentido.
Ler máis
Este órgano consultivo e plural terá como función escoller os nomes das rúas de Lalín que aínda non o teñen. O nomeamento dos compoñentes da comisión do rueiro e o seu regulamento aprobaranse no pleno ordinario de setembro. Ler máis