O novo deseño urbanístico da zona non implicará ningún cambio no tráfico de vehículos, que se manterá exactamente igual que na actualidade.
A iniciativa permitirá substituír o actual deseño da calzada por unha plataforma ao mesmo nivel das beirarrúas.
O Goberno acometerá nos vindeiros meses a redacción do proxecto para que as obras se poidan executar no segundo semestre de 2018.
Destinaranse a esta iniciativa 450 mil euros, dos que o 80 por cento se financiará con cargo aos fondos europeos DUSI.
Ler máis
O primeiro proxecto contempla a ampliación e mellora da rede de sendeiros do Candán, ademais de iniciativas dirixidas ao desenvolvemento dos usos recreativos e veciñais neste espazo. A pista deportiva será de céspede artificial e permitirá a práctica de tenis, fútbol sala ou baloncesto. Ler máis
• Esta nova área infantil beneficiará a unha gran cantidade de menores e desconxestionará outras zonas de xogo céntricas como a da Praza da Vila. • O deseño dos elementos de xogo permitirá aos nenos e nenas xogar de maneira divertida, segura e buscando sempre o máximo número de actividades posibles para mellorar as súas capacidades motoras. Ler máis
A empresa encargada de realizar os traballos será Taboada e Ramos, que realizou a oferta máis vantaxosa das recibidas no proceso de contratación. A execución deste proxecto é moi importante para favorecer unha cómoda e segura circulación de vehículos por estas estradas. Ler máis
Preténdese que estean rematada para a celebración das festas das Dores, aínda que isto dependerá das posibles continxencias da obra. Agárdase causar as mínimas molestias posibles, mais o inicio das actuacións provocará restricións no tráfico ao seu paso por esta vía. Coa execución deste ambicioso proxecto, o Goberno de Lalín segue dando pasos de cara un modelo de vila máis humanizado, aumentando o elevado potencial de desenvolvemento social que xa ten de por si a zona. Ler máis
Os traballos incluídos no Lalín SSUMA 21 poderán empezar a executarse unha vez entren en vigor os orzamentos municipais e conclúa o proceso para a selección dun administrativo
O concelleiro de Urbanismo asistiu hoxe en Madrid a un encontro preparatorio para a posta en marcha do proxecto Ler máis
Francisco Vilariño supervisou esta tarde o inicio das actuacións, que teñen a finalidade de mellorar a mobilidade viaria urbana e favorecer o tránsito peonil seguro. Esta obra enmárcase dentro dun programa máis amplo en aras de fomentar a continuidade peonil, que se vai completar ao longo do verán con melloras noutros puntos. Ler máis
A peza decimonónica será colocada no seu lugar orixinal, tal e como determinaron os residentes no lugar. O concelleiro anunciou que o Concello ten a vontade de crear un pequeno parque nun terreo próximo, sempre que este sexa cedido polos seus propietarios. Ler máis
Persoal municipal realiza tarefas de desbroce e de limpeza nas interseccións da glorieta para mellorar a visibilidade. Tamén se colocará un espello na rotonda para dar resposta ás demandas dos veciños que lle trasladaron os veciños hai uns días. O alcalde, acompañado dun técnico municipal e de membros de Protección Civil, visitou esta mañá a zona por segunda vez para avaliar máis actuacións destinadas a evitar posibles accidentes. Ler máis