Sede Electrónica Concello de Lalín
Plan de Acción para o Comercio e a Hostalería
Percorridos Virtuais
O Castro Tecnolóxico
Turismo de Lalín

Descubre a súa vida interior

VER MÁIS

Lalín en Imaxes

Unha vila aberta para disfrutar

VER MÁIS

Radio Lalín

Escóitanos no 106.8 FM

ESCOITAR RADIO LALIN

Corporación

Urbanismo

A Oficina de Urbanismo está ubicada na pranta primeira do Concello de Lalín. Praza de Galicia, 1. Lalín.

O seu horario de atención ao público é de luns a vernes, de 8:00 a 15:00 horas. Teléfono: 986787060, Oficina de Urbanismo.

Noticias

O CONCELLO DE LALÍN ADOPTA MEDIDAS PARA INCREMENTAR A SEGURIDADE VIARIA NA ROTONDA DE GARCÍA SÁNCHEZ

Persoal municipal realiza tarefas de desbroce e de limpeza nas interseccións da glorieta para mellorar a visibilidade. Tamén se colocará un espello na rotonda para dar resposta ás demandas dos veciños que lle trasladaron os veciños hai uns días. O alcalde, acompañado dun técnico municipal e de membros de Protección Civil, visitou esta mañá a zona por segunda vez para avaliar máis actuacións destinadas a evitar posibles accidentes. Ler máis

O CONCELLO DE LALÍN DISPÓN DO 4% DO TOTAL DOS FONDOS DUSI PARA GASTOS ADMINISTRATIVOS DE XESTIÓN E FUNCIONAMENTO DA ESTRATEXIA

Esta cantidade, segundo as bases da orde das axudas, ten que ir dedicada obrigatoriamente á xestión do programa. O Concello contratará un administrativo ou administrativa por 3 anos para desenvolver estas funcións. Ler máis

CONTINÚAN OS TRÁMITES ADMINISTRATIVOS PARA A REHABILITACIÓN DA PONTE DOS CABALOS

Augas de Galicia dá luz verde ao proxecto de rehabilitación que impulsan os Concellos de Lalín e Agolada, mais continúase á espera do permiso de Patrimonio. Ambos municipios manteñen un convenio para a recuperación desta infraestrutura a través dun proxecto orzamentado nuns 100 mil euros. Ler máis

LALÍN E AMES ESTABLECEN FÍOS DE COLABORACIÓN PARA A XESTIÓN DAS ESTRATEXIAS DUSI

O alcalde e o tenente de alcalde recibiron no concello ao rexedor de Ames como primeiro contacto de cara á conformación dun eixo conxunto que permita resolver situacións comúns dos plans europeos. Ler máis

O CONCELLO SOLICITA UNHA SUBVENCIÓN PARA REHABILITAR E PROTEXER O PETO DE ÁNIMAS DE A VEIGA

ras comprobar as deficiencias e valorar as actuacións precisas para a súa reparación, requerirase que Patrimonio autorice a restauración e especifique os procedementos técnicos e actuacións necesarias para levala a cabo. O peto de ánimas de A Veiga é un dos principais atractivos do Roteiro da Ponte dos Cabalos, que o Concello ten o propósito de conservar como un ben de atractivo municipal. Ler máis

O CONCELLO DARÁ INICIO NOS PRÓXIMOS DÍAS AO PROXECTO DE PAVIMENTACIÓN DA RÚA 4 E Á REPARACIÓN DA XUNTA DE DILATACIÓN DA PONTE DO AUDITORIO

O orzamento para desenvolver estas obras é de 22.437 euros achegados dunha baixa do proxecto de arranxo integral da Rolda Leste executado o ano pasado. Ler máis

O CONCELLO PROXECTA UNHA VIA PEONIL NA ROLDA LESTE E A CREACIÓN DE NOVAS BEIRARRÚAS PARA AVANZAR EN MATERIA DE ACCESIBILIDADE E SEGURIDADE VIARIA

Humanizarase a marxe esquerda do treito comprendido entre a rotonda de Rodeiro e a glorieta da N-640, mellorando, deste xeito, unha zona escolar e de lecer moi transitada. O proxecto contempla a datación de beirarrúas en varios sectores urbanos da zona do Alto de Vales que carecen delas. As actuacións van ser executadas durante o verán a través da brigada de obras. Francisco Vilariño indicou que as obras “van beneficiar a toda a poboación, posto que se mellora a mobilidade viaria e se favorece o tránsito peonil seguro en zonas de especial importancia”. Ler máis

O CONCELLO DE LALÍN ACOMETERÁ O ACONDICIONAMENTO E HUMANIZACIÓN DO ENTORNO DO Nº 52 DA RÚA AREAL

O espazo correspóndese co que antano ocupaba unha antiga casa en ruínas que foi derrubada deixando no lugar unha área descoidada e deteriorada. A iniciativa, que suporá un investimento de preto de 17 mil euros, financiarase con cargo á liña 1 de Plan de Concellos e xa conta coa autorización do Ministerio de Fomento. O concelleiro de Urbanismo explica que as actuacións completaranse cunha pista de petanca ou cun espazo lúdico infantil. Ler máis

A EXECUCIÓN DE OBRA FÍSICA DA ESTRATEXIA LALÍN SSUMA21 ARRANCARÁ COA REHABILITACIÓN DO CONXUNTO HISTÓRICO DE LALÍN DE ARRIBA

O proxecto conta cun orzamento total de inversión de 281.250 euros. A actuación busca, segundo o tenente de alcalde, “recuperar o sentido histórico deste punto, onde está a orixe de Lalín e que é, ademais, a entrada do Camiño de Inverno á vila”. Rafael Cuíña enmarcou a obra dentro do compromiso do Goberno co patrimonio e cunha das parroquias máis importantes do municipio. Ler máis

O CONCELLO DE LALÍN PROXECTA A CREACIÓN DUNHA PISTA DE DEPORTE NA ZONA INTERMEDIA EXTERIOR DO APARCADOIRO ALDEA GRANDE

Terá un custo de 59.000 euros e irá con cargo á baixa dun dos proxectos de rehabilitación e saneo da Rolda Leste. A súa superficie será de céspede artificial, un material moi adecuado para a práctica deportiva. O espazo servirá para aproveitar un dos espazos exteriores do aparcadoiro e será de gran utilidade por estar nunha zona céntrica, contribuíndo á dinamización social do lugar. Ler máis

Roteiros de Lalín