Plan de Acción para o Comercio e a Hostalería
Sede Electrónica Concello de Lalín
Percorridos Virtuais
O Castro Tecnolóxico
Turismo de Lalín

Descubre a súa vida interior

VER MÁIS

Lalín en Imaxes

Unha vila aberta para disfrutar

VER MÁIS

Radio Lalín

Escóitanos no 106.8 FM

ESCOITAR RADIO LALIN

Corporación

Urbanismo

A Oficina de Urbanismo está ubicada na pranta primeira do Concello de Lalín. Praza de Galicia, 1. Lalín.

O seu horario de atención ao público é de luns a vernes, de 8:00 a 15:00 horas. Teléfono: 986787060, Oficina de Urbanismo.

Noticias

O GOBERNO PROXECTA A SEGUNDA FASE DA URBANIZACIÓN DA PRAZA DE GALICIA

O deseño encargarase ao arquitecto paisaxista Martín Toimil, que xa desenvolveu a primeira fase. O Concello prevé destinar a estas actuacións parte do superávit e levalas a cabo como investimento financeiramente sostible. A iniciativa, que servirá para acondicionar e humanizar o entorno cunha zona verde, completarase nos vindeiros anos cunha terceira e definitiva fase. Ler máis

O CONCELLO DE LALÍN PROXECTA A HUMANIZACIÓN DAS RÚAS PRINCIPAL E LORIGA PARA CREAR UN ENTORNO URBANO MÁIS ATRACTIVO E ACCESIBLE

O novo deseño urbanístico da zona non implicará ningún cambio no tráfico de vehículos, que se manterá exactamente igual que na actualidade. A iniciativa permitirá substituír o actual deseño da calzada por unha plataforma ao mesmo nivel das beirarrúas. O Goberno acometerá nos vindeiros meses a redacción do proxecto para que as obras se poidan executar no segundo semestre de 2018. Destinaranse a esta iniciativa 450 mil euros, dos que o 80 por cento se financiará con cargo aos fondos europeos DUSI. Ler máis

13 EMPRESAS OPTAN ÁS ACTUACIÓNS DE MELLORA NO CANDÁN E 10 Á CONSTRUCIÓN DUNHA PISTA MULTIDEPORTE NO APARCADOIRO ALDEA GRANDE

O primeiro proxecto contempla a ampliación e mellora da rede de sendeiros do Candán, ademais de iniciativas dirixidas ao desenvolvemento dos usos recreativos e veciñais neste espazo. A pista deportiva será de céspede artificial e permitirá a práctica de tenis, fútbol sala ou baloncesto. Ler máis

O CONCELLO ADXUDICA A ÁREA DE XOGOS DA PARTE SUPERIOR DO APARCADOIRO ALDEA GRANDE QUE EMPEZARÁ A CONSTRUÍRSE NOS PRÓXIMOS DÍAS

• Esta nova área infantil beneficiará a unha gran cantidade de menores e desconxestionará outras zonas de xogo céntricas como a da Praza da Vila. • O deseño dos elementos de xogo permitirá aos nenos e nenas xogar de maneira divertida, segura e buscando sempre o máximo número de actividades posibles para mellorar as súas capacidades motoras. Ler máis

O CONCELLO INICIARÁ A PRÓXIMA SEMANA OS TRABALLOS DE REPARACIÓN DA RÚA 4 E DA XUNTA DE DILATACIÓN DA PONTE DO AUDITORIO

A empresa encargada de realizar os traballos será Taboada e Ramos, que realizou a oferta máis vantaxosa das recibidas no proceso de contratación. A execución deste proxecto é moi importante para favorecer unha cómoda e segura circulación de vehículos por estas estradas. Ler máis

O CONCELLO ADXUDICA AS OBRAS DE HUMANIZACIÓN DO ENTORNO DO PARQUE DE JOAQUÍN LORIGA QUE DARÁN COMEZO A PRÓXIMA SEMANA

Preténdese que estean rematada para a celebración das festas das Dores, aínda que isto dependerá das posibles continxencias da obra. Agárdase causar as mínimas molestias posibles, mais o inicio das actuacións provocará restricións no tráfico ao seu paso por esta vía. Coa execución deste ambicioso proxecto, o Goberno de Lalín segue dando pasos de cara un modelo de vila máis humanizado, aumentando o elevado potencial de desenvolvemento social que xa ten de por si a zona. Ler máis

MELLORAS PARA A SEGURIDADE VIARIA NA PARROQUIA DE CRISTIMIL

Realizáronse actuacións á altura do lugar de Mato Ler máis

O MINISTERIO DE FACENDA APROBA O MANUAL DE SELECCIÓN DE OPERACIÓNS DO CONCELLO DE LALÍN PARA A POSTA EN MARCHA DA ESTRATEXIA DUSI

Os traballos incluídos no Lalín SSUMA 21 poderán empezar a executarse unha vez entren en vigor os orzamentos municipais e conclúa o proceso para a selección dun administrativo O concelleiro de Urbanismo asistiu hoxe en Madrid a un encontro preparatorio para a posta en marcha do proxecto Ler máis

O CONCELLO INICIA OS TRABALLOS PARA DAR CONTINUIDADE ÁS BEIRARRÚAS NA AVENIDA DE OURENSE

Francisco Vilariño supervisou esta tarde o inicio das actuacións, que teñen a finalidade de mellorar a mobilidade viaria urbana e favorecer o tránsito peonil seguro. Esta obra enmárcase dentro dun programa máis amplo en aras de fomentar a continuidade peonil, que se vai completar ao longo do verán con melloras noutros puntos. Ler máis

CASARES REÚNESE CON VECIÑOS DE CASAS NOVAS PARA DECIDIR ONDE UBICAR A CRUZ CARLISTA

A peza decimonónica será colocada no seu lugar orixinal, tal e como determinaron os residentes no lugar. O concelleiro anunciou que o Concello ten a vontade de crear un pequeno parque nun terreo próximo, sempre que este sexa cedido polos seus propietarios. Ler máis

Roteiros de Lalín