Turismo

Noticias

VINTEDOUS RESTAURANTES ASINARON O COMPROMISO DE CALIDADE E A SÚA INCORPORACIÓN O XV MES DO COCIDO

O concelleiro de Turismo, José Antonio Rodríguez, mantivo hoxe una nova reunión cos hostaleiros participantes onde se lle deu o visto e prace ao “compromiso de calidade que se artellará mediante un regulamento e un proceso de control que os responsables dos locais de hostelaría apoiaron como un xeito de manter o prato lalinense nuns parámetros de calidade superiores”. Ler máis

UNHA TRINTENA DE RESTAURADORES ASISTIRON Á PRIMEIRA REUNIÓN PARA ORGANIZAR O MES DO COCIDO

O concelleiro de Turismo, José Antonio Rodríguez, mantivo esta tarde a primeiras das reunións preparatorias para a organización do XV Mes do Cocido que se celebrará do 15 de xaneiro ao 14 de febreiro na que participaron preto de unha trintena de representantes de outros tantos establecementos de restauración lalinense. Ler máis

A UNIÓN EUROPEA ELIXE E APOIA O PROXECTO TRANSFRONTEIRIZO DE LALÍN CON CABECEIRAS DE BASTO

O concelleiro de Turismo, José Antonio Rodríguez, anunciou que “a experiencia transfronteiriza que iniciamos ao longo deste ano o Concello de Lalín e a Cámara Municipal de Cabeceiras de Basto ben de ser seleccionado para obter o apoio económico da Unión Europea a través dos fondos FEDER”. O proxecto presentado polo Agrupamento Europeo de Cooperación Territorial Galiza-Norte de Portugal en nome dos dous concellos disporá de un orzamento de 13.000 euros que foron aprobados para dinamizar os proxectos de encontro dos dous concellos. Ler máis

Avanzan as obras do entorno do santuario de O Corpiño

Os concelleiros Eva González Brea e Antonio Rodríguez, concelleira de zona e edil de Infraestruturas Rurais, respectivamente, visitaron as obras de humanización do entorno do santuario de O Corpiño que experimentaron un importante avance nas últimas dúas semanas. Ler máis

COMEZOU A COLOCACIÓN DOS SOLADOS DO PAZO DE LIÑARES

O voceiro do grupo de goberno, Román Rodríguez, explica que “os traballos de acondicionamento do Pazo de Liñares continúan a bo ritmo e entran na fase final na que os traballos se comezan a apreciar con máis claridade e na que se poden ver xa próximos os resultados definitivos da rehabilitación”. Ler máis

LALÍN PRESENTOU O XIX PREMIO DE XORNALISMO "ÁLVARO CUNQUEIRO"

O alcalde de Lalín, José Crespo, presentou esta mañá, no salón de grados da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación do campus de Pontevedra, o XIX Premio de xornalismo Gastronómico “Álvaro Cunqueiro” que se celebra con motivo da celebración da XLV Feira do Cocido de Lalín. Ler máis

CRESPO VISITA A “VALENTÍN” NA CASA DE SELLO ONDE FOI CRIADO DURANTE CASE DOUS ANOS E ANUNCIA QUE SERÁ O PORCO CO QUE SE FARÁ A MATANZA TRADICIONAL DA FEIRA DO COCIDO 2013

O alcalde de Lalín, acompañado polo edil de Turismo, José Antonio Rodríguez, desprazouse na xornada sabatina ata a casa da familia dos Ferreiroa, no lugar do Burgo e comprobou o estado ideal do porco, con case dous anos de vida -idade idónea para a matanza-, alimentado con produtos naturais e que pesa máis de 200 quilogramos Ler máis

CRESPO RECIBEU ONTE DE MANS DO SECRETARIO DA FEDERACIÓN DE ASOCIACIÓNS DE RADIO E TELEVISIÓN A “ANTENA DE ORO” NO APARTADO DE GASTRONOMÍA.

Crespo brindou o premio “a todos los lalinenses por el trabajo realizado para convertir a esta feria en una de las más importantes a nivel nacional” Crespo recibeu o premio, nunha gala retransmitida en directo pola canle Intereconomía dende o Gran Casino de Aranjuez, de mans do secretario da Federación de Asociacións, Esteban Verdes, e ante medio milleiro dos periodistas máis destacados a nivel nacional Ler máis

CONCELLO DE LALÍN E SECTOR CONSTITÚEN UN GRUPO DE TRABALLO PARA CREAR UNHA ASOCIACIÓN DE PANADEIROS ANTES DO NADAL E TRABALLAR CONXUNTAMENTE NA POTENCIACIÓN DA IMAXE DE MARCA <PAN DE LALÍN>

O concelleiro de Turismo, José Antonio Rodríguez, sinala que a dita comisión adiantará ata decembro o maior traballo posible para que antes do Nadal se poida realizar o acto formal de constitución da Asociación coa sinatura da acta fundacional e coa designación da xunta directiva Ler máis

RODRÍGUEZ AVANZA QUE “RESTAURANTES E BODEGÓNS TRADICIONAIS DO COCIDO COMEZARON A SERVIR O PRATO DENDE PRINCIPIOS DE MES” NO INICIO DA CAMPAÑA 2012-2013

Os restauradores que comezaron a principios de mes a servir cocido “confirmaron que a maior parte dos que o solicitaron ou se interesaron polo prato son persoas de fora de Lalín que ao seu paso pola zona decidiron aproveitar para degustar o cocido ou outros que xa se achegaron a Lalín ex profeso para comelo ao principio da tempada”. Por outra banda, o edil lembra “con satisfacción, que o vindeiro sábado, día 27 de outubro, o alcalde de Lalín recibirá en Madrid, de mans de representantes da Federación de Asociacións de Radio e Televisión de España, a Antena de Ouro 2012 a Feira do Cocido de Lalín na categoría de gastronomía. Ler máis

Roteiros de Lalín

AGENDA Turismo

Domingo 14 de maio. Vilatuxe (Lalín)