Turismo

Noticias

O EDIL DE TURISMO MANTÉN CUNHA VINTENA DE HOSTALEIROS A PRIMEIRA REUNIÓN DE TRABALLO DO XVII MES DO COCIDO, NUNHA EDICIÓN NA QUE HABERÁ UN IMPORTANTE COMPROMISO DO SECTOR DA ALIMENTACIÓN NOS PATROCINIOS DA XLVII FEIRA DO COCIDO

O edil de Turismo comunicoulle que, no sector da alimentación, repetirán como patrocinadores D.O. Monterrei e Embutidos Lalinense e entrarán como novos Aceites Abril e Vermutería de Galicia, o que posibilitará que se poidan facer actos promocionais dos patrocinadores directamente coa hostalería, o que redundará en beneficios e sinerxias conxuntas. Tamén se contará cos patrocinios de: Espina y Delfín, Lalín Sostible, Symatec, GSI que repiten, e Sabadell Gallego, que entra como novo patrocinador Ata o vindeiro luns poderanse formalizar as adhesións ao Mes do Cocido, así o comunicou o responsable delegado de Turismo, que agradeceu a masiva participación no encontro desta tarde Os restauradores amosaron o seu compromiso de continuar co Compromiso de Calidade do Cocido de Lalín, poñendo como vén sendo habitual, un sistema de avaliación a través de enquisas Tamén puxeron enriba da mesa o sorteo entre os seus clientes de paquetes turísticos completos con alonxamento, visitas guiadas, unha iniciativa dos hostaleiros para a que o concelleiro de Turismo brindou a súa colaboración Ler máis

CRESPO ASINA EN SANTIAGO CON OUTROS 16 ALCALDES O CONVENIO DE CONSTITUCIÓN DO GRUPO “ÁREA DE SANTIAGO” PARA A PROMOCIÓN TURÍSTICA DA ZONA CENTRO DE GALICIA

José Crespo, explicou que “o que pretendemos é aproveitar os visitantes que chegan a Santiago de Compostela e que se poidan interesar pola oferta que lles pode achegar a nosa comarca en eidos como a cultura, a gastronomía e a compra de produtos de calidade e renome”. Ler máis

A FÁBRICA DE PAPEL DE RODÍS ACOLLE O DOMINGO A CELEBRACIÓN DA XV MATANZA TRADICIONAL DO PORCO DE LALÍN QUE CONTARÁ CON CARPAS PARA CELEBRAR O EVENTO EN CASO DE CHOIVA OU MAL TEMPO

➢ Parte da recreación tas tarefas terá lugar nos antiguos fornos da fábrica de papel que finalizou a súa actividade a finais do século XIX. Ler máis

LALÍN FALLOU HOXE OS PREMIOS DE GASTRONOMÍA DE GALICIA

María Jesús Espiñeira de Mesón de Herves en Carral (A Coruña); Franscisco López de Restaurante España de Lugo (Lugo); Javier Silva de Restaurante Lusitano de Lobios (Ourense) e Carmiña Valverde de Restaurante El Mosquito de Vigo (Pontevedra) alzáronse este ano cos XX Premios de Gastronomía de Galicia ao labor de “Toda unha vida dedicada á Gastronomía Galega” que se outorga ás persoas cunha dedicación especial destacada na Cociña en cada unha das provincias galegas. Ler máis

O MES DO COCIDO BOTA A ANDAR CON 24 RESTAURANTES E 3500 PRAZAS

Vintecatro restaurantes lalinenses abriron hoxe o XVI Mes do Cocido de Lalín que comeza coincidindo co día de San Amaro e que rematará o 14 de febreiro, o día de San Valentín, a portas da celebración do día grande da Feira do Cocido de Lalín que se celebrará o vindeiro 23 de febreiro. Ler máis

LALÍN PARTICIPA CUN STAND NO "ENCONTRO DA COMUNIDADES" DE CABECEIRAS DE BASTO

Rodríguez destacou a “gran cantidade de xente que se interesou polos nosos produtos, nunha zona no que o aceite e o viño, pero de xeito especial os queixos teñen unha especial sona”. Ler máis

LALÍN PRESENTE NO ENCONTRO DAS COMUNIDADES DE CABECEIRAS DE BASTO

➢ O edil de Turismo indica que se fará promoción da saída de etapa de “La Vuelta” de Lalín a fin de captar visitantes portugueses que se achegen a Lalín neses días na que se celebrará este importante evento con repercusión internacional Ler máis

MÁIS DE MEDIO CENTENAR DE MEDIOS DIXITAIS E DE PRENSA ESCRITA NACIONAIS E INTERNACIONAIS SE FIXERON ECO DA PRESENTACIÓN DA FEIRA DO COCIDO DE LALÍN EN BRUSELAS

Máis de medio cento de reseñas en prensa, tanto escrita como dixital, aportou a presentación da Feira do Cocido de Lalín na Fundación Galicia Europa en Bruselas que unidas as preto de unha decea que se recompilaron na presentación en Cabeceiras de Basto permiten incrementar nun número notable as reseñas dispoñibles para incorporarlas ao expediente da internacionalización da Feira do Cocido. Ler máis

A ROSALEIRA E O GRUPO NOVE RECIBEN O RECOÑECEMENTO DOS PREMIOS DE GASTRONOMÍA DE GALICIA

Clarisa Fernández Muñiz de Casa Sánchez en Coristanco (A Coruña); María Luz Otero, do Restaurante Descalzo en Taboada (Lugo); Miguel Álvarez Cañal, do Restaurante Valilongo, da Teixeira (Ourense), e Dolores Vilanova Tallón, de Casa Castro en Vila de Cruces (Pontevedra) recibirán este ano os XIX Premios de Gastronomía de Galicia ao “Labor de Toda unha Vida dedicada á Gastronomía Galega” que se outorga ás persoas cunha dedicación profesional destacada na Cociña en cada unha das provincias galegas. Ler máis

ESTOPA, ESTRELLA MORENTE, ROSA, NATALIA, MELOCOS OU EFECTO PASILLO, ENTRE OS ARTISTAS DA GALA DO COCIDO

O Lalín Arena acollerá o vindeiro venres, 1 de febreiro, a Gran Gala de Gastronomía de Galicia no decurso da cal se entregarán os XIX Premios de Gastronomía de Galicia -que recoñecen as persoas, entidades, e profesionais que se distinguiron na potenciación da cociña galega- e o XIX Premio de Xornalismo Gastronómico “Álvaro Cunqueiro”. Ler máis

Roteiros de Lalín

AGENDA Turismo

Domingo 14 de maio. Vilatuxe (Lalín)