Turismo

Noticias

Avanzan as obras do entorno do santuario de O Corpiño

Os concelleiros Eva González Brea e Antonio Rodríguez, concelleira de zona e edil de Infraestruturas Rurais, respectivamente, visitaron as obras de humanización do entorno do santuario de O Corpiño que experimentaron un importante avance nas últimas dúas semanas. Ler máis

COMEZOU A COLOCACIÓN DOS SOLADOS DO PAZO DE LIÑARES

O voceiro do grupo de goberno, Román Rodríguez, explica que “os traballos de acondicionamento do Pazo de Liñares continúan a bo ritmo e entran na fase final na que os traballos se comezan a apreciar con máis claridade e na que se poden ver xa próximos os resultados definitivos da rehabilitación”. Ler máis

LALÍN PRESENTOU O XIX PREMIO DE XORNALISMO "ÁLVARO CUNQUEIRO"

O alcalde de Lalín, José Crespo, presentou esta mañá, no salón de grados da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación do campus de Pontevedra, o XIX Premio de xornalismo Gastronómico “Álvaro Cunqueiro” que se celebra con motivo da celebración da XLV Feira do Cocido de Lalín. Ler máis

CRESPO VISITA A “VALENTÍN” NA CASA DE SELLO ONDE FOI CRIADO DURANTE CASE DOUS ANOS E ANUNCIA QUE SERÁ O PORCO CO QUE SE FARÁ A MATANZA TRADICIONAL DA FEIRA DO COCIDO 2013

O alcalde de Lalín, acompañado polo edil de Turismo, José Antonio Rodríguez, desprazouse na xornada sabatina ata a casa da familia dos Ferreiroa, no lugar do Burgo e comprobou o estado ideal do porco, con case dous anos de vida -idade idónea para a matanza-, alimentado con produtos naturais e que pesa máis de 200 quilogramos Ler máis

CRESPO RECIBEU ONTE DE MANS DO SECRETARIO DA FEDERACIÓN DE ASOCIACIÓNS DE RADIO E TELEVISIÓN A “ANTENA DE ORO” NO APARTADO DE GASTRONOMÍA.

Crespo brindou o premio “a todos los lalinenses por el trabajo realizado para convertir a esta feria en una de las más importantes a nivel nacional” Crespo recibeu o premio, nunha gala retransmitida en directo pola canle Intereconomía dende o Gran Casino de Aranjuez, de mans do secretario da Federación de Asociacións, Esteban Verdes, e ante medio milleiro dos periodistas máis destacados a nivel nacional Ler máis

CONCELLO DE LALÍN E SECTOR CONSTITÚEN UN GRUPO DE TRABALLO PARA CREAR UNHA ASOCIACIÓN DE PANADEIROS ANTES DO NADAL E TRABALLAR CONXUNTAMENTE NA POTENCIACIÓN DA IMAXE DE MARCA <PAN DE LALÍN>

O concelleiro de Turismo, José Antonio Rodríguez, sinala que a dita comisión adiantará ata decembro o maior traballo posible para que antes do Nadal se poida realizar o acto formal de constitución da Asociación coa sinatura da acta fundacional e coa designación da xunta directiva Ler máis

RODRÍGUEZ AVANZA QUE “RESTAURANTES E BODEGÓNS TRADICIONAIS DO COCIDO COMEZARON A SERVIR O PRATO DENDE PRINCIPIOS DE MES” NO INICIO DA CAMPAÑA 2012-2013

Os restauradores que comezaron a principios de mes a servir cocido “confirmaron que a maior parte dos que o solicitaron ou se interesaron polo prato son persoas de fora de Lalín que ao seu paso pola zona decidiron aproveitar para degustar o cocido ou outros que xa se achegaron a Lalín ex profeso para comelo ao principio da tempada”. Por outra banda, o edil lembra “con satisfacción, que o vindeiro sábado, día 27 de outubro, o alcalde de Lalín recibirá en Madrid, de mans de representantes da Federación de Asociacións de Radio e Televisión de España, a Antena de Ouro 2012 a Feira do Cocido de Lalín na categoría de gastronomía. Ler máis

Protocolo de irmandamento con Cabeceiras de Basto

José Crespo, Joaquim Barreto e Juan Lirón asinaron esta mañá no Salón de Plenos da Casa Consistorial Lalín a dita carta de irmandamento Ler máis

Encontro cos panadeiros para ver se foman unha Asociación

A xuntanza terá lugar o venres, 14 de setembro, e nela tratarase tamén a participación do sector nos diferentes actos de difusión da Feira do Cocido Ler máis

Programa do Cocido de Lalín en Intereconomía TV este sábado

O concelleiro de Turismo indica que o dito espazo televisivo se enmarca dentro das actividades de promoción e difusión da Feira do Cocido. Ler máis

Roteiros de Lalín