Turismo

Noticias

26 TRABALLOS OPTAN AO XXII PREMIO NACIONAL ÁLVARO CUNQUEIRO DE XORNALISMO GASTRONÓMICO

Entre a listaxe de candidaturas, un total de 12 pertencen á categoría absoluta, mentres os restantes 14 entran dentro da sección de traballos académicos. O xurado ten previsto reunirse o próximo día 15 de xaneiro e o fallo farase público na terceira semana dese mesmo mes. Ler máis

O PREGÓN DA FEIRA DO COCIDO 2016 CONTARÁ CUN INTÉRPRETE DE LINGUA DE SIGNOS

O palco tamén mellorará a súa accesibilidade para que poidan acceder persoas con mobilidade reducida. Cuíña anuncia que o Cocido LGTB terá lugar finalmente primeiro sábado do mes de marzo. Ler máis

O CONCELLO RENOVARÁ O CONVENIO DE XESTIÓN DO ALBERGUE DA LAXE

O acordo permitirá darlle continuidade aos traballos de atención aos centos de peregrinos que cada ano visitan Lalín. O Xacobeo participará na difusión e posta en valor do Camiño de Inverno, unha vez que a Xunta faga oficial esta ruta. Ler máis

A FIGURA DO ARLEQUÍN DA MOSTRA “LALÍN PORK ART” ELEXIDA “PIN” DO COCIDO 2016

A obra na que se baseou o deseño da insignia é do artista falecido no 2012, Paco Lareo, polo que a súa elección serve tamén como unha homenaxe ao creador. En total elaboraranse en torno a 15.000 exemplares, que poderán levar as persoas que acudan a Lalín a degustar un cocido nalgún dos locais asociados. Ler máis

A PARROQUIA DE SOUTOLONGO ORGANIZARÁ A XVII MATANZA TRADICIONAL DO PORCO

A data provisional que se valora para a celebración é o domingo, día 17 de xaneiro. Rafael Cuíña agradeceu a “boa disposición amosada polos veciños de Soutolongo, que acolleron con especial receptividade e ilusión a proposta de organizar a festa”. Ler máis

O GOBERNO DE LALÍN AGRADECE A COLABORACIÓN DE TODAS AS PERSOAS QUE FIXERON POSIBLE A RUTA DOS PAZOS

Para González Casares, o éxito da primeira andaina “foi maiúsculo e sen precedentes, desbordando calquera previsión”. Ler máis

COMEZA O PROCESO PARA DOTAR DE CONEXIÓN A INTERNET DE ALTA VELOCIDADE O CENTRO DE INTERPRETACIÓN DA CULTURA CASTREXA DE LIÑARES

Técnicos do Concello e da Deputación definiron a ubicación definitiva dunha antena de telecomunicacións imprescindible para obter a conexión. O pazo contará cunha servizo que responderá definitivamente ás necesidades de funcionamento do Centro. Ler máis

APRÓBANSE AS PRIMEIRAS RUTAS DE SENDEIRISMO PARA OS MESES DE OUTUBRO E NOVEMBRO

O día 25 de outubro realizarase a “Ruta dos Pazos” que irá dende Lalín á ponte medieval de Taboada. González Casares destacou a gran acollida da iniciativa por parte dos afeccionados “que son conscientes do gran potencial que ten Lalín neste eido”. Ler máis

O GOBERNO SUBSTITUIRÁ A “ENCOMENDA DO COCIDO” POLO PREMIO “ALDEA SINGULAR”

O obxectivo deste galardón é recoñecer os valores patrimoniais, sociais, culturais e paisaxísticos das parroquias do concello e promover o coidado e recuperación do rural. Este modelo de recoñecemento, “máis centrado nos valores propios da nosa terra”, relevará ao do PP, “baseado en cuchipandas propagandísticas con amigos, coñecidos e colegas políticos”. O premio Aldea Singular entregarase o domingo do Cocido. Ler máis

O CONCELLO CONCLÚE AS OBRAS DE REHABILITACIÓN DO PARQUE DE PRADO DENTRO DO PROGRAMA DE MELLORA DO RURAL

O alcalde considera que o adecentamento do espazo “é un feito moi positivo para a parroquia e que demostra o interese e o compromiso do actual Goberno polo rural”. Ler máis

Roteiros de Lalín

AGENDA Turismo

Domingo 14 de maio. Vilatuxe (Lalín)