Turismo

Noticias

O CONCELLO RENOVARÁ O CONVENIO DE XESTIÓN DO ALBERGUE DA LAXE

O acordo permitirá darlle continuidade aos traballos de atención aos centos de peregrinos que cada ano visitan Lalín. O Xacobeo participará na difusión e posta en valor do Camiño de Inverno, unha vez que a Xunta faga oficial esta ruta. Ler máis

A FIGURA DO ARLEQUÍN DA MOSTRA “LALÍN PORK ART” ELEXIDA “PIN” DO COCIDO 2016

A obra na que se baseou o deseño da insignia é do artista falecido no 2012, Paco Lareo, polo que a súa elección serve tamén como unha homenaxe ao creador. En total elaboraranse en torno a 15.000 exemplares, que poderán levar as persoas que acudan a Lalín a degustar un cocido nalgún dos locais asociados. Ler máis

A PARROQUIA DE SOUTOLONGO ORGANIZARÁ A XVII MATANZA TRADICIONAL DO PORCO

A data provisional que se valora para a celebración é o domingo, día 17 de xaneiro. Rafael Cuíña agradeceu a “boa disposición amosada polos veciños de Soutolongo, que acolleron con especial receptividade e ilusión a proposta de organizar a festa”. Ler máis

O GOBERNO DE LALÍN AGRADECE A COLABORACIÓN DE TODAS AS PERSOAS QUE FIXERON POSIBLE A RUTA DOS PAZOS

Para González Casares, o éxito da primeira andaina “foi maiúsculo e sen precedentes, desbordando calquera previsión”. Ler máis

COMEZA O PROCESO PARA DOTAR DE CONEXIÓN A INTERNET DE ALTA VELOCIDADE O CENTRO DE INTERPRETACIÓN DA CULTURA CASTREXA DE LIÑARES

Técnicos do Concello e da Deputación definiron a ubicación definitiva dunha antena de telecomunicacións imprescindible para obter a conexión. O pazo contará cunha servizo que responderá definitivamente ás necesidades de funcionamento do Centro. Ler máis

APRÓBANSE AS PRIMEIRAS RUTAS DE SENDEIRISMO PARA OS MESES DE OUTUBRO E NOVEMBRO

O día 25 de outubro realizarase a “Ruta dos Pazos” que irá dende Lalín á ponte medieval de Taboada. González Casares destacou a gran acollida da iniciativa por parte dos afeccionados “que son conscientes do gran potencial que ten Lalín neste eido”. Ler máis

O GOBERNO SUBSTITUIRÁ A “ENCOMENDA DO COCIDO” POLO PREMIO “ALDEA SINGULAR”

O obxectivo deste galardón é recoñecer os valores patrimoniais, sociais, culturais e paisaxísticos das parroquias do concello e promover o coidado e recuperación do rural. Este modelo de recoñecemento, “máis centrado nos valores propios da nosa terra”, relevará ao do PP, “baseado en cuchipandas propagandísticas con amigos, coñecidos e colegas políticos”. O premio Aldea Singular entregarase o domingo do Cocido. Ler máis

O CONCELLO CONCLÚE AS OBRAS DE REHABILITACIÓN DO PARQUE DE PRADO DENTRO DO PROGRAMA DE MELLORA DO RURAL

O alcalde considera que o adecentamento do espazo “é un feito moi positivo para a parroquia e que demostra o interese e o compromiso do actual Goberno polo rural”. Ler máis

AS INSTALACIÓNS MUNICIPAIS DE LALÍN ACOLLERON 673 PEREGRINOS DURANTE ESTE VERÁN

O grupo máis numeroso, constituído por 70 persoas, formaba parte da Cofradía Santiago Apostol, de Ponferrada. No albergue da Laxe, dependente da Xunta pero con persoal municipal, pernoctaron 887 persoas. Ler máis

O GOBERNO FELÍCITASE POLO ÉXITO DO PROGRAMA DE ACTIVIDADES CULTURAIS E DE OCIO DESENVOLVIDO ESTE VERÁN

O alcalde valora a participación da veciñanza como excepcional e apunta que o modelo terá continuidade a partir de outono. Ler máis

Roteiros de Lalín

AGENDA Turismo

Domingo 14 de maio. Vilatuxe (Lalín)