Turismo

Noticias

O CONCELLO REEDITA E ACTUALIZA O MAPA TURÍSTICO TRAS O ÉXITO DA PRIMEIRA TIRADA E SACA Á LUZ UNHA NOVA VERSIÓN MÁIS SINXELA E DE CARIZ PURAMENTE INFORMATIVO

Publicaranse 30 mil novos exemplares de idéntico formato e deseño que os anteriores, mais con pequenas correccións, que serán amplamente distribuídos. Francisco Vilariño destacou a “a manexabilidade e a carga informativa de interese turístico da publicación, que garante o éxito desta ferramenta de enorme utilidade”. Ao mesmo tempo lanzouse unha versión de reducido tamaño e non despregable, con información de servizo e sobre o que, por exemplo, se poderán realizar indicacións escritas con facilidade. Ler máis

O concello de Lalín estrea novo espazo web de turismo

O Concello de Lalín presentou o pasado sábado este novo portal ao que se pode acceder a través do enlace turismo.lalin.gal Ler máis

O CONCELLO PON EN VALOR AS MÚLTIPLES ALTERNATIVAS QUE OFRECE A VILA DE LALÍN COA PUBLICACIÓN DUN TRÍPTICO TURÍSTICO

Este novo recurso persegue, tal e como sinala Francisco Vilariño, “facerlle saber ao visitante que na vila se pode pasar un día ou unha fin de semana atractiva gozando dun entorno urbano aberto, vivo e dinámico”. O tríptico fai referencia ás posibilidades do comercio, a hostalería e os produtos de primeira calidade en consonancia cun trato humano cercano e acolledor e un casco urbano accesible e aberto. Ler máis

O CONCELLO APOIA A NOVA CAMPAÑA DE ESCAVACIÓNS NO CASTRO DE DOADE E RESALTA O VALOR DESTE XACEMENTO COMO REFERENTE TURÍSTICO

O concelleiro visitou hoxe o inicio das escavacións xunto co director da Casa do Patrón, Manuel Blanco. Ler máis

O CONCELLO PROXECTA O ACONDICIONAMENTO DUN DOS LOCAIS SEN USO ANEXOS AO CONSISTORIO CO OBXECTO DE DARLLE UTILIDADE PÚBLICA

En total, realizarase unha inversión de 54.000 euros neste proxecto. Unha das ideas que baralla o Goberno, tal e como anunciou o concelleiro, Francisco Vilariño, é o de trasladar a este espazo a Oficina Municipal de Turismo. Ler máis

O PAZO DE LIÑARES INCREMENTA EN MÁIS DUN 30% O NÚMERO DE VISITANTES DURANTE O PRIMEIRO TRIMESTRE DO ANO

2.162 persoas coñeceron a casa señorial entre os meses de xaneiro e marzo, frontes ás 1.643 que o fixeran o ano pasado no mesmo período. Francisco Vilariño mostrouse satisfeito con estas cifras que “son froito das diversas iniciativas levadas a cabo para converter o Pazo de Liñares nun dos grandes referentes para a atracción de turismo ao municipio”. Ler máis

SAMSUNG ELIXE O CONCELLO DE LALÍN PARA RODAR UN NOVO SPOT PUBLICITARIO

Este anuncio servirá como “carta de presentación única do noso concello”, asegurou Francisco Vilariño. Ler máis

A ENORME SATISFACCIÓN DOS COMENSAIS QUE PARTICIPARON NO XIX MES DO COCIDO CERTIFICA E CONSOLIDA A EXCELENCIA DO COCIDO DE LALÍN

O 98% recomendaríanlle a outra persoa vivir a experiencia de comer un cocido en Lalín, mentres que o 86% cualifica o servizo prestado nos establecementos como moi bo. Francisco Vilariño sinala que os “magníficos resultados do XIX Mes do Cocido non fan máis que mostrar que o Cocido de Lalín goza de mellor saúde ca nunca”. Considera que o Cocido “é un éxito colectivo que é posible, en gran parte, grazas ao bo facer da hostalería que coida cada vez máis o prato insignia da gastronomía galega”. Ler máis

A CONCELLERÍA DE TURISMO CONTINÚA DIFUNDINDO OS RECURSOS TURÍSTICOS DE LALÍN COA PUBLICACIÓN DUNHA SERIE DE CARTEIS DIVULGATIVOS

A iniciativa enmárcase dentro da campaña “Lalín, un interior único” e ten a intención de seguir promocionando de forma activa as riquezas e encantos locais. O material pretende ter o máximo alcance, polo que se fará chegar ao público, entre outro modos, a través do bus do Cocido. Ler máis

O CONCELLO COLOCA PANEIS INFORMATIVOS NOS MONUMENTOS A JOAQUÍN LORIGA E A RAMÓN Mª ALLER

A súa finalidade é a de facilitar ao visitante toda a información sobre dous dos nosos máis relevantes fillos predilectos. A iniciativa segue a filosofía da concellería de Turismo de “ser proactivos nas actividades promocionais”. Ler máis

Roteiros de Lalín

AGENDA Turismo

Domingo 14 de maio. Vilatuxe (Lalín)