Turismo

Noticias

O CONCELLO INICIA A CONSTRUCCIÓN DA NOVA ÁREA DE SERVIZO URBANA PARA AUTOCARAVANAS

Os traballos estarán rematados en menos dun mes e comprenden o acondiciononamento dunha parcela de 1.000 metros cadrados no Agro de Lalín de Arriba. Francisco Vilariño fixo fincapé en que esta iniciativa ten o obxectivo de “diversificar a oferta turística do noso concello”, tendo en conta o auxe no que se atopa o turismo de autocaravana. O edil considera que aumentará o número de visitantes a Laín e, porén, isto repercutirá beneficiosamente no tecido económico local. Ler máis

LALÍN ALCANZA CIFRAS RÉCORD DE AFLUENCIA DE PEREGRINOS DURANTE OS MESES DE XUÑO, XULLO E AGOSTO

O pavillón municipal acolle a 1.275 romeiros, que se suman aos máis de 2.000 que se hospedaron no sector privado e aos 974 que o fixeron no albergue de A Laxe. A súa procedencia é moi dispar, chegando dende distintos puntos da xeografía galega e española e mesmo doutras partes de Europa. Francisco Vilariño valora moi positivamente estes datos, que teñen que ver, entre outros factores, cos esforzos do Goberno para potenciar as rutas xacobeas. O concelleiro de Turismo salienta que o traballo do Goberno para seguir atraendo peregrinos continuarán con diferentes iniciativas, entre as que se atopa o proxecto para crear un albergue no centro da vila. Ler máis

A EXPOSICIÓN SOBRE AS ARBORES SENLLEIRAS INICIA EN LALÍN O SEU PERCORRIDO POLA PROVINCIA

Con esta exposición estréase unha nova Sala de Exposicións do Pazo de Liñares. ‘As nosas senlleiras’, que recolle 35 árbores catalogadas da provincia, poderá visitarse na capital do Deza desde o 15 de setembro ata o 1 de outubro. Ler máis

LALÍN PROMOCIONA OS SEUS ENCANTOS NAS ZONAS MÁIS TURÍSTICAS DE GALICIA

• A concellería de Turismo remitiu material promocional do municipio a 105 destinos vacacionais estratéxicos • O obxectivo, segundo Francisco Vilariño, é motivar aos turistas destes puntos a achegarse ao noso concello e desfrutar dunha proposta turística diferente e de moita calidade Ler máis

FINALIZA O SEMINARIO DE APICULTURA ECOLÓXICA E APITURISMO DANDO MOSTRA DO POTENCIAL E INTERESE QUE DESPERTA EN LALÍN O MUNDO APÍCOLA

• Francisco Vilariño participou na entrega de diplomas aos 30 participantes e puxo de relevo a proxección e a boa acollida desta proposta que situou a Lalín no mapa do turismo apícola. Ler máis

LALÍN ACOLLE A RODAXE DA CURTA “UN OLLO DE VIDRO” QUE SERVIRÁ PARA POÑER EN VALOR OS RECURSOS TURÍSTICOS DO MUNICIPIO A TRAVÉS DA PANTALLA

Francisco Vilariño visitou os preparativos da gravación para amosar persoalmente o seu apoio e o do Concello de Lalín á realización deste ambicioso proxecto audiovisual. O edil lembrou que converter Lalín en plató de cine é unha estratexia óptima para captar potenciais visitantes durante todo o ano atraídos por coñecer os escenarios das rodaxes. Ler máis

BOTA A ANDAR CON “ÉXITO TOTAL DE PARTICIPACIÓN” O SEMINARIO QUE SITÚA A LALÍN NO MAPA DO TURISMO APÍCOLA

Vilariño amosou a súa “enorme satisfacción pola gran demanda e interese que suscitou esta iniciativa sobre apicultura ecolóxica, turismo e patrimonio apícola”, que conseguiu cubrir en pouco tempo as 30 prazas que ofertaba Vilariño salienta que “o seminario logrará, sen dúbidas, avanzar no obxectivo de poñer en valor a enorme calidade dun produto que identifica ao noso concello, e que resulta unha carta de presentación perfecta de Lalín” Trátase dun paso máis na aposta do Concello por “un modelo de turismo emerxente en Europa e no que xa empezamos a traballar coa edición dunha guía sobre a produción apícola, que se publicou a principios de ano” O seminario celébrase durante esta fin de semana e a seguinte en Zobra Ler máis

O CONCELLO PRESENTA A PRIMEIRA DAS CÁPSULAS AUDIOVISUAIS QUE DEBUXARÁN “O LENZO DO ENORME POTENCIAL TURÍSTICO” DE LALÍN A TRAVÉS DAS REDES SOCIAIS

Vilariño apunta que “dotarnos desta ferramenta útil e novidosa vainos facer chegar a milleiros de persoas viralizando contidos” O edil de Turismo anuncia que o lenzo que empeza a debuxar esta primeira peza audiovisual -sobre espazos naturais- irase completando ao longo do ano con outras pezas temáticas sobre gastronomía, cultura, castros e centro urbano Pódese ver a través das redes sociais do Concello ou na súa canle de Youtube na seguinte ligazón: https://www.youtube.com/watch?v=ss_cVTFFyes Ler máis

O CONCELLO INICIA OS CONTACTOS CO SECTOR HOSTALEIRO DE CARA A ORGANIZACIÓN DA EDICIÓN NÚMERO 50 DA FEIRA DO COCIDO

O concelleiro de Turismo explica que o Goberno buscará a maior implicación dos diferentes sectores sociais e empresariais para deseñar “unha celebración histórica” Francisco Vilariño resalta que “a Feira do Cocido non só é o gran embaixador turístico de Lalín senón tamén un motor económico fundamental para a vila” Tratáronse, entre moitos outros asuntos, temas relacionados co pin, co Mes do Cocido e co Selo de Calidade Vilariño convida a todos os colectivos sociais, culturais e económicos de Lalín a colaborar no deseño da programación da edición número 50 da Feira, para o que se realizaran diferentes reunións sectoriais nas vindeiras semanas Ler máis

Roteiros de Lalín

AGENDA Turismo

Domingo 14 de maio. Vilatuxe (Lalín)