Turismo

Festas

Hai quen di que Galicia enteira convirtese no verán en unha festa, e Lalín non é unha excepción. A práctica totalidade das 48 parroquias programan ó longo dos meses estivais algunha celebración ou cita gastronómica, mantendo vivas as tradicións locais e contribuindo á dinamización turística da comarca.

O prato forte das festas lalinenses coincide coa recta final do verán, xa que o primeiro fin de semana despois do dia 18 de Setembro Lalín celebra a festividade da súa patroa, A Virxe das Dores.

Varios días de activdades lúdicas, musicais e atraccións feirais reúnen cada ano en Lalín a miles de persoas.

Unha referencia especial merece a Feira do Cocido, que se celebra cada ano o Domingo anterior ó Carnaval e que se converteu, despois de 38 edicións, no gran escaparate do Lalín actual. Matendo a tradición da idea orixinal, lúdica, festiva e gastronómica que se prolonga ó longo de todo o inverno hasta a entrada da primavera.

Roteiros de Lalín