Sede Electrónica Concello de Lalín
Plan de Acción para o Comercio e a Hostalería
Percorridos Virtuais
O Castro Tecnolóxico
Turismo de Lalín

Descubre a súa vida interior

VER MÁIS

Lalín en Imaxes

Unha vila aberta para disfrutar

VER MÁIS

Radio Lalín

Escóitanos no 106.8 FM

ESCOITAR RADIO LALIN

Corporación

Turismo

Lalín. Mellora a túa vida interior


Noticias

A ROSALEIRA E O GRUPO NOVE RECIBEN O RECOÑECEMENTO DOS PREMIOS DE GASTRONOMÍA DE GALICIA

Clarisa Fernández Muñiz de Casa Sánchez en Coristanco (A Coruña); María Luz Otero, do Restaurante Descalzo en Taboada (Lugo); Miguel Álvarez Cañal, do Restaurante Valilongo, da Teixeira (Ourense), e Dolores Vilanova Tallón, de Casa Castro en Vila de Cruces (Pontevedra) recibirán este ano os XIX Premios de Gastronomía de Galicia ao “Labor de Toda unha Vida dedicada á Gastronomía Galega” que se outorga ás persoas cunha dedicación profesional destacada na Cociña en cada unha das provincias galegas. Ler máis

ESTOPA, ESTRELLA MORENTE, ROSA, NATALIA, MELOCOS OU EFECTO PASILLO, ENTRE OS ARTISTAS DA GALA DO COCIDO

O Lalín Arena acollerá o vindeiro venres, 1 de febreiro, a Gran Gala de Gastronomía de Galicia no decurso da cal se entregarán os XIX Premios de Gastronomía de Galicia -que recoñecen as persoas, entidades, e profesionais que se distinguiron na potenciación da cociña galega- e o XIX Premio de Xornalismo Gastronómico “Álvaro Cunqueiro”. Ler máis

O PRESIDENTE DA REAL ACADEMIA ESPAÑOLA DE GASTRONOMÍA, RAFAEL ANSÓN, SERÁ NOMEADO COMENDADOR NA XLV FEIRA DO COCIDO DE LALÍN

O alcalde de Lalín, José Crespo Iglesias, anunciou hoxe que o periodistas, avogado, psicólogo e presidente da Real Academia Española de Gastronomía, Rafael Ansón Oliart, unirase este ano a nómina de novos comendadores do Cocido na que tamén estarán a pregoeira do Cocido, Susanna Griso, o pai José Rodríguez Carballo, o avogado Carlos Lema Devesa, a actriz Vanessa Romero e o avogado Esteban Verdes. Ler máis

O CREGO ANDRÉS RAMOS, A ESCUDERÍA LALÍN-DEZA E ANTONIO RIERA FORON ELIXIDOS COMO OS “LALINENSES DO ANO 2012”

O xurado dos premios “Lalinense do ano 2012”, reunido na noite do mércores, decideu outorgar as distincións de este ano ao crego Andrés Ramos Castro, á Escudería Lalín Deza e a Antonio Riera que recibirán o premio no Concerto de Fin de Ano da Banda de Lalín, que se celebrará o vindeiro 30 de decembro no Salón Tuno Valdés do Auditorio Municipal. Ler máis

VINTEDOUS RESTAURANTES ASINARON O COMPROMISO DE CALIDADE E A SÚA INCORPORACIÓN O XV MES DO COCIDO

O concelleiro de Turismo, José Antonio Rodríguez, mantivo hoxe una nova reunión cos hostaleiros participantes onde se lle deu o visto e prace ao “compromiso de calidade que se artellará mediante un regulamento e un proceso de control que os responsables dos locais de hostelaría apoiaron como un xeito de manter o prato lalinense nuns parámetros de calidade superiores”. Ler máis

UNHA TRINTENA DE RESTAURADORES ASISTIRON Á PRIMEIRA REUNIÓN PARA ORGANIZAR O MES DO COCIDO

O concelleiro de Turismo, José Antonio Rodríguez, mantivo esta tarde a primeiras das reunións preparatorias para a organización do XV Mes do Cocido que se celebrará do 15 de xaneiro ao 14 de febreiro na que participaron preto de unha trintena de representantes de outros tantos establecementos de restauración lalinense. Ler máis

A UNIÓN EUROPEA ELIXE E APOIA O PROXECTO TRANSFRONTEIRIZO DE LALÍN CON CABECEIRAS DE BASTO

O concelleiro de Turismo, José Antonio Rodríguez, anunciou que “a experiencia transfronteiriza que iniciamos ao longo deste ano o Concello de Lalín e a Cámara Municipal de Cabeceiras de Basto ben de ser seleccionado para obter o apoio económico da Unión Europea a través dos fondos FEDER”. O proxecto presentado polo Agrupamento Europeo de Cooperación Territorial Galiza-Norte de Portugal en nome dos dous concellos disporá de un orzamento de 13.000 euros que foron aprobados para dinamizar os proxectos de encontro dos dous concellos. Ler máis

Avanzan as obras do entorno do santuario de O Corpiño

Os concelleiros Eva González Brea e Antonio Rodríguez, concelleira de zona e edil de Infraestruturas Rurais, respectivamente, visitaron as obras de humanización do entorno do santuario de O Corpiño que experimentaron un importante avance nas últimas dúas semanas. Ler máis

COMEZOU A COLOCACIÓN DOS SOLADOS DO PAZO DE LIÑARES

O voceiro do grupo de goberno, Román Rodríguez, explica que “os traballos de acondicionamento do Pazo de Liñares continúan a bo ritmo e entran na fase final na que os traballos se comezan a apreciar con máis claridade e na que se poden ver xa próximos os resultados definitivos da rehabilitación”. Ler máis

LALÍN PRESENTOU O XIX PREMIO DE XORNALISMO "ÁLVARO CUNQUEIRO"

O alcalde de Lalín, José Crespo, presentou esta mañá, no salón de grados da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación do campus de Pontevedra, o XIX Premio de xornalismo Gastronómico “Álvaro Cunqueiro” que se celebra con motivo da celebración da XLV Feira do Cocido de Lalín. Ler máis

Roteiros de Lalín

AGENDA Turismo

Domingo 14 de maio. Vilatuxe (Lalín)