Sede Electrónica Concello de Lalín
Plan de Acción para o Comercio e a Hostalería
Percorridos Virtuais
O Castro Tecnolóxico
Turismo de Lalín

Descubre a súa vida interior

VER MÁIS

Lalín en Imaxes

Unha vila aberta para disfrutar

VER MÁIS

Radio Lalín

Escóitanos no 106.8 FM

ESCOITAR RADIO LALIN

Corporación

Turismo

Lalín. Mellora a túa vida interior


Noticias

TOUROPERADORES, EMPRESARIOS DO SECTOR DA HOSTALERÍA, MEDIOS DE COMUNICACIÓN E BLOGUEROS GASTRONÓMICOS, MÁIS DE 150, PARTICIPARON NA XLVII FEIRA DO COCIDO EN BARCELONA NO HOTEL EUROSTARS GRAND MARINA DA CADEA HOTUSA

Asistiron: Eduardo Punset, o último pregoeiro da Feira (ano 2014), ademais dos empresarios galegos Julio Fernández, Ernesto Lagaróns, Leopoldo Clavería e Cándido Iglesias Barciela, Manoel Carrete (presidente do Centro Galego en Barcelona), Álex Salmón (director de El Mundo de Cataluña), Joan Pujol (secretario xeral de Fomento de Traballo), Philippe Regol (Premio Nacional de Gastronomía), Albert Molins Recart (director da revista de cultura gastronómica Zouk Magazine), entre outros Crespo lanzou o convite a Amancio López, presidente de Hotusa, a formar parte da Encomenda do Cocido en agradecemento á contribución á promoción da Feira. Asistiu tamén o presidente da Deputación, Rafael Louzán e o concelleiro de Turismo de Lalín, José Antonio Rodríguez Ler máis

O PROGRAMA “COCINA2” ÁLZASE CO XXI PREMIO NACIONAL DE PERIODISMO GASTRONÓMICO “ÁLVARO CUNQUEIRO” QUE SE ENTREGARÁ NA GALA DE GASTRONOMÍA RETRANSMITIDA EN DIRECTO POLA TVG O VENRES 6 DE FEBREIRO DESDE O LALÍN ARENA

Onda Cero Galicia Sur e “Gastrolicia” foron recoñecidos tamén polo xurado como gañadores na modalidade de accésit e en traballos académicos, respectivamente Ler máis

MARISQUERÍA RÍOS DA CORUÑA, RESTAURANTE GALICIA DE BAAMONDE, RESTAURANTE CUATRO CAMINOS DE SANTA CRUZ DE ARRABALDO E RESTAURANTE CORINTO DE LÉREZ, GALARDOADOS COS XXI PREMIOS DE GASTRONOMÍA DE GALICIA

Benigno Campos e Javier Mariño Rois de Restaurante “Mariño” conseguiron o recoñecemento como profesionais que máis destacaron na potenciación da Cociña Galega dentro e fóra de Galicia “Estrella Galicia” foi recoñecida pola súa contribución á potenciación da gastronomía galega e dos produtos gastronómicos Ademais fallouse unha nova categoría, a de pequeno produtor, que este ano recaeu en Leite O Alle Ler máis

28 RESTAURANTES PARTICIPARÁN NO XVII MES DO COCIDO DE LALÍN QUE CONTARÁ CON 6 NOVOS ESTABLECEMENTOS HOSTALEIROS QUE SE ENGANDEN AOS DE ANOS ANTERIORES E NO QUE SE MANTÉN A MEDIA DOS PREZOS QUE SE COBRARON O PASADO ANO CUNHA MEDIA DE 26 EUROS O PRATO

 Só 2 dos restaurantes que participaron no evento no exercicio anterior non participarán nesta edición  Como queira que se engaden máis restaurantes á celebración, tamén se incrementará a capacidade de servizo para un só día que pasa das pouco menos de 3.500 persoas do ano anterior ata superar as 4.000 (4.074) deste ano no Mes do Cocido  En 2015, serán 9 as empresas e entidades que fagan achegas económicas, e algunhas de elas tamén en especie, á celebración da Feira do Cocido. Trátase da DO Monterrei, que seguirá a ser o viño oficial do Cocido, Espina y Delfín, Lalín Sostible, Embutidos Lalinense, Aceites Abril, Symatec, Vermutería de Galicia, GSI e Banco Sabadell Ler máis

O EDIL DE TURISMO MANTÉN CUNHA VINTENA DE HOSTALEIROS A PRIMEIRA REUNIÓN DE TRABALLO DO XVII MES DO COCIDO, NUNHA EDICIÓN NA QUE HABERÁ UN IMPORTANTE COMPROMISO DO SECTOR DA ALIMENTACIÓN NOS PATROCINIOS DA XLVII FEIRA DO COCIDO

O edil de Turismo comunicoulle que, no sector da alimentación, repetirán como patrocinadores D.O. Monterrei e Embutidos Lalinense e entrarán como novos Aceites Abril e Vermutería de Galicia, o que posibilitará que se poidan facer actos promocionais dos patrocinadores directamente coa hostalería, o que redundará en beneficios e sinerxias conxuntas. Tamén se contará cos patrocinios de: Espina y Delfín, Lalín Sostible, Symatec, GSI que repiten, e Sabadell Gallego, que entra como novo patrocinador Ata o vindeiro luns poderanse formalizar as adhesións ao Mes do Cocido, así o comunicou o responsable delegado de Turismo, que agradeceu a masiva participación no encontro desta tarde Os restauradores amosaron o seu compromiso de continuar co Compromiso de Calidade do Cocido de Lalín, poñendo como vén sendo habitual, un sistema de avaliación a través de enquisas Tamén puxeron enriba da mesa o sorteo entre os seus clientes de paquetes turísticos completos con alonxamento, visitas guiadas, unha iniciativa dos hostaleiros para a que o concelleiro de Turismo brindou a súa colaboración Ler máis

CRESPO ASINA EN SANTIAGO CON OUTROS 16 ALCALDES O CONVENIO DE CONSTITUCIÓN DO GRUPO “ÁREA DE SANTIAGO” PARA A PROMOCIÓN TURÍSTICA DA ZONA CENTRO DE GALICIA

José Crespo, explicou que “o que pretendemos é aproveitar os visitantes que chegan a Santiago de Compostela e que se poidan interesar pola oferta que lles pode achegar a nosa comarca en eidos como a cultura, a gastronomía e a compra de produtos de calidade e renome”. Ler máis

A FÁBRICA DE PAPEL DE RODÍS ACOLLE O DOMINGO A CELEBRACIÓN DA XV MATANZA TRADICIONAL DO PORCO DE LALÍN QUE CONTARÁ CON CARPAS PARA CELEBRAR O EVENTO EN CASO DE CHOIVA OU MAL TEMPO

➢ Parte da recreación tas tarefas terá lugar nos antiguos fornos da fábrica de papel que finalizou a súa actividade a finais do século XIX. Ler máis

LALÍN FALLOU HOXE OS PREMIOS DE GASTRONOMÍA DE GALICIA

María Jesús Espiñeira de Mesón de Herves en Carral (A Coruña); Franscisco López de Restaurante España de Lugo (Lugo); Javier Silva de Restaurante Lusitano de Lobios (Ourense) e Carmiña Valverde de Restaurante El Mosquito de Vigo (Pontevedra) alzáronse este ano cos XX Premios de Gastronomía de Galicia ao labor de “Toda unha vida dedicada á Gastronomía Galega” que se outorga ás persoas cunha dedicación especial destacada na Cociña en cada unha das provincias galegas. Ler máis

O MES DO COCIDO BOTA A ANDAR CON 24 RESTAURANTES E 3500 PRAZAS

Vintecatro restaurantes lalinenses abriron hoxe o XVI Mes do Cocido de Lalín que comeza coincidindo co día de San Amaro e que rematará o 14 de febreiro, o día de San Valentín, a portas da celebración do día grande da Feira do Cocido de Lalín que se celebrará o vindeiro 23 de febreiro. Ler máis

LALÍN PARTICIPA CUN STAND NO "ENCONTRO DA COMUNIDADES" DE CABECEIRAS DE BASTO

Rodríguez destacou a “gran cantidade de xente que se interesou polos nosos produtos, nunha zona no que o aceite e o viño, pero de xeito especial os queixos teñen unha especial sona”. Ler máis

Roteiros de Lalín

AGENDA Turismo

Domingo 14 de maio. Vilatuxe (Lalín)