Sede Electrónica Concello de Lalín
Plan de Acción para o Comercio e a Hostalería
Percorridos Virtuais
O Castro Tecnolóxico
Turismo de Lalín

Descubre a súa vida interior

VER MÁIS

Lalín en Imaxes

Unha vila aberta para disfrutar

VER MÁIS

Radio Lalín

Escóitanos no 106.8 FM

ESCOITAR RADIO LALIN

Corporación

Turismo

Lalín. Mellora a túa vida interior


Noticias

O CONCELLO DE LALÍN PON EN VALOR A REDE MUSEÍSTICA DO MUNICIPIO COA PUBLICACIÓN DUN TRÍPTICO INFORMATIVO

Trátase do segundo documento dunha serie publicacións coas que o Concello quere poñer en valor os seus principais recursos turísticos. Vilariño considera que “a posta en marcha desta nova ferramenta de consulta servirá para dar un paso adiante na difusión destes espazos culturais e para incrementar número de visitantes”. Ler máis

O CONCELLO DE LALÍN PON EN VALOR LIÑARES COA PRIMEIRA PUBLICACIÓN TURÍSTICA DE PROMOCIÓN DO PAZO

O tríptico é o primeiro dunha serie que servirá para difundir os grandes atractivos de Lalín entre os visitantes. Vilariño salienta o esforzo que se está a facer dende o Goberno local para que Liñares sexa un dos grandes referentes turísticos do concello. Ler máis

O CONCELLO ACOLLE HOXE UNHA XUNTANZA ABERTA AO PÚBLICO SOBRE O CAMIÑO DE INVERNO

No encontro seguiranse recollendo iniciativas cidadás coas que dar a coñecer o vieiro e poñelo en valor. Ler máis

O CONCELLO CONVOCA UNHA REUNIÓN CON ASOCIACIÓNS E CON MUNICIPIOS POLOS QUE TRANSCORRE O CAMIÑO DE INVERNO

O encontro terá lugar no Pazo de Liñares o sábado, día 27 de febreiro. A xuntanza ten como obxectivo marcar liñas de actuación e avanzar conxuntamente en estratexias coas que impulsar o vieiro xacobeo. Ler máis

PRESENTOUSE A XLVIII FEIRA DO COCIDO DE LALÍN

O programa conta con máis de medio cento de actividades nas que se aposta pola participación, a colaboración cidadá, a diversidade e a solidariedade. Ler máis

A COMISIÓN DE SEGURIDADE REÚNESE PARA COORDINAR O OPERATIVO DO DÍA GRANDE DA FEIRA DO COCIDO E DOS EVENTOS RELACIONADOS

A finalidade do dispositivo especial é a de garantir un desenvolvemento axeitado das actividades a carón do Cocido, así como garantir a seguridade dos visitantes e previr incidentes . Ler máis

VILARIÑO RESALTA A “BOA ACOLLIDA DA REUNIÓN DO CAMIÑO DE INVERNO” NA QUE XURDIRON GRAN NÚMERO DE INICIATIVAS COAS QUE POTENCIAR A RUTA

O día 21de febreiro celebrarase unha andaina que percorrerá boa parte do camiño ao seu paso polo termo municipal de Lalín. O edil fixo fincapé “na firme intención do Goberno en manter a colaboración coas institucións e coas asociacións que traballan na dinamización desta ruta xacobea”. Ler máis

O CONCELLO CONVOCA UNHA XUNTANZA ABERTA PARA DEFINIR INICIATIVAS QUE PERMITAN POÑER EN VALOR O CAMIÑO DE INVERNO AO SEU PASO POR LALÍN

O concelleiro Turismo convida a todos os veciños e veciñas interesadas a participar na reunión que se celebrará mañá, ás 19.30 horas. O Goberno local considera prioritaria a promoción desta vía. Ler máis

LALÍN HOMENAXEARÁ O DÍA 15 Á PEÑA DO PORCO, CUXAS XUNTANZAS SERVIRON DE IDEA PARA O NACEMENTO DA FEIRA DO COCIDO

O recoñecemento dará resposta a unha demanda dunha parte da sociedade lalinense que viña pedindo que se agasallara aos membros fundadores do histórico colectivo que aínda viven. Ler máis

5 CANDIDATURAS OPTAN AO PREMIO ALDEA SINGULAR QUE SE ENTREGARÁ O 31 DE XANEIRO NOS ACTOS DA XLVIII FEIRA DO COCIDO

O galardón recoñecerá a aquel núcleo rural que máis destaque polo coidado dos seus espazos así como polo seu dinamismo social. O premio establécese no marco das medidas de promoción e recuperación do rural, unha das prioridades que se marcou o executivo para este mandato. Ler máis

Roteiros de Lalín

AGENDA Turismo

Domingo 14 de maio. Vilatuxe (Lalín)