Turismo

Feiras

Volver a Feiras e Festas
Feiras

Tódalas Feiras que se celebran no Concello de Lalín.

· Feiradeza: Celébrase no mes de xuño. Lalín como referente autonómico en canto a explotacións e produción gandeira organiza desde hai máis de 25 anos este certame de gando vacún selecto. Reúne vacas de gandeirías de toda a Comarca de Deza e doutros puntos da xeografía galega, tendo lugar concursos para premiar aos mellores exemplares presentados.

· Mercado: Os días 3 e 18 de cada mes o Campo da Feira Vello acolle

os tradicionais mercados, mentres que no Campo da Feira Novo póñense a venda as hortalizas, verduras e sementes son as protagonistas.

En caso de coincidencia en domingo a feira do 3 celébrase o día anterior, e a do 18 celebráse o día seguinte.

· Feira do Cabalo: concursos, premios e actividades do mundo equestre. Celébrase ao longo da primavera.


· Feira dos Carballiños: Celebrada na parroquia de Vilatuxe. Esta feira que celebrou a súa primeira edición no 2010, trata de recobrar o esplendor de antano da Feira que se celebraba no mesmo lugar a mediados do s. XX, contando para iso coa colaboración de diversas asociacións e colectivos do municipio que, xunto coa implicación veciñal, contribúen a dotar de verosimilitude esta cita anual.

Nela represéntanse moi diversos oficios como ferreiros ou barbeiros e artesáns de todo tipo, ademais de contar con postos de apeiros agrícolas á antiga usanza. Coa intención de reproducir o máis fielmente a antiga feira, incluso poden verse coches clásicos e incluso carros de vacas cargados co viño. Ademais, os organizadores animan a que os asistentes acudan vestidos de época para enfatizar na recreación e no maior realismo da feira.

· Mercado tradicional. Todos os sábados. Artesanía e produtos do agro.


Roteiros de Lalín

AGENDA Turismo

Domingo 14 de maio. Vilatuxe (Lalín)