Turismo

Espazos Naturais

Carballeira de Barcia

Carballeira con máis de 30.000 m2 de superficie de que conta con exemplares de máis doucentos  anos, todos plantados en fila, de tal xeito que sempre se verán en fila se mire desde onde se mire.

A FRAGA DE QUIROGA (CATASÓS, Lalín)

Declarada Monumento Natural no ano 2000 pola Xunta de Galicia, esta Fraga de excepcionais exemplares de castiñeiro e carballo foi propiedade da familia Quiroga de Catasós.

PONTE DOS CABALOS (PARADA)

Esta ponte é a única que queda en pe dos seis que se construíron na Idade Media e que enlazaban a bisbarra dezana con Antas de Ulla.

PONTE TABOADA (sobre o río Deza)

Unha das xoias arquitectónicas da Comarca do Deza é sen dubida a  ponte Taboada, unha ponte romana do ano 950, con calzada tamén romana que une os concellos de Lalín e Silleda  separados polo río Deza.

PONTE VILARIÑO

Une os Concellos de Lalín co Concello de Agolada, cruzando o río Arnego.

SOBREIRAL DO ARNEGO

Exténdese polas ladeiras do treito medio e inferior do val do río Arnego ata a súa desembocadura no encoro de Portodemouros, no río Ulla.

ZOBRA, SERRA DO CANDÁN

Nestes montes da Serra do Candán con altitudes entre os 600 e 800 m nacen os ríos Deza, Toxa, Umia, e o Lerez na vertente de Forcarei. As súas augas son limpas e transparentes

Roteiros de Lalín

AGENDA Turismo

Domingo 14 de maio. Vilatuxe (Lalín)